DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 7 de xuño de 2024 de emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Mirallos, no concello da Peroxa (Ourense) (expediente PA-23-02).

De conformidade co disposto no artigo 90.c) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio o emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Mirallos, no concello da Peroxa (Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos único do Concello da Peroxa, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Lugar da Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Persoas titulares dos predios afectados ás cales
non se lles puido determinar a súa identidade

Referencia catastral

Nome e apelidos

32060A014000040000QJ

Descoñecido

32060A014001270000QD

Descoñecido

32060A014001370000QU

Descoñecido

32060A014002450000QP

Descoñecido

32060A014003900000QI

Descoñecido