DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37561

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 3 de xuño de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado San Marcos, en Ourense.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) San Marcos, en Ourense, solicita a modificación da autorización para a supresión do ciclo superior (CS) de Laboratorio Clínico e Biomédico, e a autorización do CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, na modalidade semipresencial e/ou a distancia.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para suprimir o CS de Laboratorio Clínico e Biomédico, e autorizar na modalidade semipresencial e/ou a distancia o CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e queda o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: San Marcos.

Código do centro: 32016224.

Domicilio: avda. Buenos Aires, 61.

Localidade: Ourense.

Código postal: 32004.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Academia Trinidad, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM de Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS de Hixiene Bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS de Próteses Dentais (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime de ensinanzas para as persoas adultas:

• CM de Farmacia e Parafarmacia.

• CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional