DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 133/2024.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 133/2024 (procedemento ordinario), interposto pola Confederación Intersindical Galega fronte ao Sergas para impugnar directamente os seguintes actos:

– Resolución do 29 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 55, do 18 de marzo).

– Resolución do 17 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo dos/das aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 80, do 23 de abril).

E, de maneira indirecta, a seguinte resolución:

– Resolución do 11 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área (DOG núm. 28, do 25 de maio).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos