DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra co procedemento abreviado 234/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, tramítase o recurso 234/2023 (procedemento abreviado), interposto por Magdalena Castellanos Tomé contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto o 10 de abril de 2023, contra a Resolución do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario, publicada no DOG número 66, do 4 de abril (categoría: enfermeiro/a).

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos