DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 29 de maio de 2024, da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES86 00815363200001082709 do Banco Sabadell Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ferrol, 29 de maio de 2024

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Suxeito Pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Brown, Gabrielle

Fra. 202302671

11.10.2023

268,34

Insua Pérez, Dorinda Enriqueta

Fra. 202302673

11.10.2023

138,48

Y04816666C

Fra. 202302674

11.10.2023

21,00

Shriver – Paige Michelle

Fra. 202302818

7.11.2023

69,24

Peterson Glenn William

Fra. 202303119

22.12.2023

2.168,94

Peterson Glenn William

Fra. 202303120

22.12.2023

256,87

Multitrip.com

Fra. 202400113

16.1.2024

82,66

Multitrip.com

Fra. 202400114

16.1.2024

442,29

Merkenbreack – Thibaud,Gaston Jean-Marie

Fra. 202400122

16.1.2024

14,52

52707189K

Fra. 202400123

16.1.2024

268,34