DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de reintegro da subvención co número de expediente 27/50153/18.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro do 9 de abril de 2024, logo de resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo postal certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) situado na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

27/50153/18

34306834B

Resolución de procedemento de reintegro