DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xuño de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o documento Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao CHUS e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido, de clave AC/23/030.06.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 7 de outubro de 2021, e a súa posterior modificación do 28 de outubro de 2022, encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica dos proxectos referidos a actuacións de fomento da mobilidade sustentable en contornos urbanos e metropolitanos.

O 3 de xaneiro de 2023 publicáronse no Diario Oficial de Galicia núm. 2 os anuncios do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polos que se sometían ao trámite de información pública os proxectos de trazado do eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal (clave AC/22/085.06), acceso ao CHUS (clave AC/22/087.06) e Estación Intermodal-San Caetano (clave AC/22/088.06), actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos referidos.

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de marzo de 2023, apróbanse os proxectos de trazado dos treitos Milladoiro-Estación Intermodal, de clave AC/22/085.06, e Estación Intermodal-San Caetano, de clave AC/22/088.06 (DOG núm. 64, do 31 de marzo de 2023).

O proxecto de trazado treito de acceso ao CHUS, de clave AC/22/087.06, apróbase por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de xullo de 2023 (DOG núm. 141, do 26 de xullo de 2023).

Segundo. Mediante o Decreto 49/2024, do 22 de abril, que fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Mobilidade pasa a depender da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pero mantense a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión técnica das actuacións.

Terceiro. Iniciadas as obras detéctase a necesidade de expropiar superficie adicional en certas parcelas afectadas polas expropiacións iniciais. As ditas necesidades non alteran a concepción das actuacións e, aínda que son restos de parcelas e pequenas superficies, considérase necesario someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que, para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos no documento.

Cuarto. Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 31 de maio de 2024, realizouse a aprobación técnica previa da separata para información pública: Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao CHUS e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de clave AC/23/030.06.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Segundo. O prazo para presentar alegacións será de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) e na Casa do Concello de Santiago de Compostela.

Así mesmo, o documento para información pública: expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela,
treitos: O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao CHUS e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola
Unión Europea-NextGenerationEU

Clave AC/23/030.06

Concello de Santiago de Compostela.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

DNI/CIF

Superficie total

Superficie expropiada proxecto (m2)

Expropiación complementaria (m2)

Treito: O Milladoiro-Estación Intermodal AC/22/085.06

140

15079ª18700234

187

00234

María del Carmen Pacheco Asorey

***0829**

163,00

46.34

116.66

141

15079ª18709006

187

09006

Descuento

-

4502,00

414.77

854

142

15079ª18700139

187

00139

José Luis Fernández Varela

***6292**

611,00

163.47

447.53

143

15079ª18700140

187

00140

Francisco Calvo Lamela

***2657**

837,00

224,15

612,85

144

15079ª18700141

187

00141

José Eliseo Fernández Varela

***1168**

986,00

210,64

775,36

145

15079ª18700142

187

00142

Manuela Mosquera Vázquez

***0082**

1201,00

227,85

973,15

146

15079ª18700157

187

00157

Urbano García Maza

***2112**

159,00

73,43

85,57

147

15079ª18700158

187

00158

Juan Lorenzo Moure (Hros.)

-

226,00

93,63

132,37

148

15079ª18700145

187

00145

Estrella Prieto Framil (Hros.)

-

574,00

26,34

547,66

149

15079ª18700159

187

00159

Urbano García Maza

***2112**

277,00

163,31

113,69

150

15079ª18700161

187

00161

Carmen Rozas Mosquera

***9914**

329,00

3,21

325,79

154

15079ª18700154

187

00154

Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana

S2800569B

654,00

472,75

181,25

155

15079ª18700153

187

00153

Francisco Calvo Lamela

***2657**

749,00

501,17

247,83

156

15079ª18700152

187

00152

María del Carmen García Rodríguez

-

205,00

88,96

116,04

295

15079ª02000763

020

00763

Juan José Quiñoy Quintáns

***0586**

670,00

115,82

554,18

296

15079ª02000184

020

00184

Carmen Huertas Iglesias

***4312**

382,00

49,11

332,89

297

15079ª02000185

020

00185

Francisca Huertas Francisca

-

165,00

22,20

142,80

298

15079ª02000186

020

00186

Ricardo Marino Fraga

-

340,00

43,35

296,65

299

15079ª02000187

020

00187

Santiago Marino Fraga

-

423,00

53,09

369,91

300

15079ª02000188

020

00188

José Marino Codesido

***4803**

471,00

58,42

412,58

301

15079ª02000189

020

00189

José Gallego

-

431,00

63,89

367,11

302

15079ª02000191

020

00191

Manuela Pereira Munín (Hros.)

-

142,00

26,44

115,56

303

15079ª02000192

020

00192

José Suárez

-

154,00

29,38

124,62

304

15079ª02000193

020

00193

José Marino Fraga

-

370,00

113,27

256,73

Treito: acceso ao CHUS AC/22/087.06

5

15079ª17600252

176

00252

ADIF

Q2801660H

2471,00

88,66

13,74

6

15079ª17600253

176

00253

Rosalía Viña Guiance

***4416**

281,00

155,63

28,32

7

15079ª17600255

176

00255

Jesús Seoane Rodríguez

***4052**

204,00

126,45

22,63

8

15079ª17600256

176

00256

Eliseo Porto Núñez

***2408**

156,00

84,78

16,18

9

15079ª17600257

176

00257

Indalecio Quintela

-

234,00

139,90

23,58

10

15079ª17600258

176

00258

José Calvo Nogueira (Hros.)

-

292,00

160,55

30,30

11

15079ª17600259

176

00259

Manuel Seoane Rodríguez

***4942**

120,00

7,65

5,17

12

15079ª17600270

176

00270

Victoria Nogueira Liñares

-

623,00

25,62

3,10

13

15079ª17600261

176

00261

Josefa Cortizo Nogueira (Hros.)

-

823,00

248,21

1,46

121

15079ª16800593

168

00593

Santiago Sur Galicia, S.L.

B70257472

1871,00

24,21

30,79

Treito: Estación Intermodal–San Caetano AC/22/088.06

1

7969925NH3476H0001SO

-

-

María Teresa Álvarez Piñeiro

***0336**

572,00

572,00

0,00