De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución da non procedencia do reintegro do importe da subvención co número de expediente 27/16/060079, logo de resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) situado na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
Expediente |
NIF |
Acto notificado |
27/16/060079 |
33856862B |
Resolución da non procedencia do reintegro |