DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2023/0102-4 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, polo presente anuncio notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores na orde social.

O texto íntegro das resolucións poderán consultarse nas dependencias da Subdirección Xeral de Relacións Laborais, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; no prazo de dez días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, teranse por notificadas as actuacións.

As resolucións poñen fin á vía administrativa polo que os interesados poderán impugnalas ante os xulgados do social, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advertíndolles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio

Localidade

Nº expediente

Acta de infracción

Data da resolución

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Bogdan Cracau

Rúa Coutadas, 5, nave 2AB,

36204 Vigo (Pontevedra)

RL 023/0102-4

2587/2023/4/H

20 de novembro de 2023

Artigos 14, 15, 17 e 18 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 12.16.f) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

3.200 euros

Joaquín Aibar Israel

Avenida Olímpica, 32,

28935 Móstoles (Madrid)

RL 2022/0313-4
49795/2022/4/H

4 de abril de 2023

Artigo 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 12.16.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.046 euros

Sara Benito Campos

Travesía do Progreso, 8-1º,

15300 Betanzos (A Coruña)

RL 2023/0114-1 431/2023/1/T

13 de outubro de 2023

Artigo 11.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

1.000 euros