DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2022/374-1).

Expediente: IN407A 2022/374-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LMT TA2808-apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4.

Concello: Outes.

Feitos:

1. O día 9.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de realizar obras de regulamentación na liña de distribución de media tensión LMT TA2808 (expediente 34.838), procedente da subestación Tambre II, no seu paso por Vila de Outes, concello de Outes, por mor do mal estado e de non cumprir distancias regulamentarias, proxéctase substituír varios apoios e o condutor dun tramo da dita liña.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado Regulamentación LMT TA2808-apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4, asinado o día 29.9.2021 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 19.4.2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 12.5.2023.

• BOP: 25.4.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 11.5.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 19.9.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Outes, Augas de Galicia e Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 16.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas na vila de Outes, concello de Outes, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución do condutor tramo LMTA a 20 kV, de 444 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 54-A-12-1 para substituír da LMT TA2808 (expediente 34.838), procedente da subestación Tambre II, e remate no apoio nº 54-A-12-3 por substituír. Substitución dos apoios de formigón nº 9LJHI14A//54-A-12-1 e instalación de seccionador XS, de presilla nº 9LH3WQN3//54-A-12-2 e do de chapa nº 9LG2QXCN//54-A-12-3. A actuación proxectada non supón un cambio de trazado da liña.

• Retensado dos tramos existentes entre os apoios nº 9LKB7DXB//54-A-12 e nº 54-A-12-1 para substituír (condutor LA-30), nº 54-A-12-3 para substituír e nº 9LEJ5F08//54-A-12-5 CT (condutor LA-56).

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 24 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Outes

Regulamentación LMT TA2-808 - apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4

Predio

Propietario/a

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT

e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Joaquina Ferreiro Lourido

15063C507020250000LP

Polígono 507, parcela 2025

Agro Chan

Novo apoio

nº 54-A-12-1

2

-

-

4

Descoñecido/a

15063C507018190000LP

Polígono 507, parcela 1819

O Prado

Novo apoio

nº 54-A-12-4

2

-

-