DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 24 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2024/060-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios núm. 170 e núm. 176.

Situación: concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución na LMT VLL813 dos apoios existentes núm. 171, núm. 172, núm. 173, núm. 174 e núm. 175, por novos apoios de celosía metálica, respectivamente, do tipo C-16/1000, C-16/1000, C-14/1000, C-14/1000 e C-14/1000. Substitución do condutor entre os apoios proxectados núm. 171 e núm. 175 por 399 m de novo condutor LA-56.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 14.5.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta dirección territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 24 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/060-3.

Situación: concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo.

Denominación: regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios núm. 170 e núm. 176.

Concello de Esgos

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32032A002007320000JS.

Lugar: Penedos.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 173.

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32038A043000580000KQ.

Lugar: Castiñeira.

Cultivo: monte baixo.

Titular: José Formoso.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 174.

Predio núm. en proxecto: 5; referencia catastral: 32038A043000660000KM.

Lugar: Castiñeira.

Cultivo: monte baixo.

Titular: comunal veciños de Paradela.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 175.