DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2024/039-1).

Expediente: IN407A 2024/039-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT SAD713 VILAR 13 entre os apoios AKUHAV47//15C500-2 e AKR7RW92//15C500-4. Sada (A Coruña).

Concello: Sada.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse na parroquia de Osedo, entre as coordenadas UTM ETRS89- fuso 29 X: 557471, Y: 4799182, e as coordenadas UTMERS89-fuso 29 X: 557566, Y: 4799068, no concello de Sada, e as súas características técnicas son as seguintes:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-56 mm2 Al. Regular condutor existente, coa orixe no apoio existente n° AKUHAV47//15C500-2 e final no apoio proxectado n° AKSVF1C1//15C500-5, cunha lonxitude de 51 m.

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-56 mm2 Al. Regular condutor proxectado, coa orixe no apoio proxectado n° AKSVF1C1//15C500-5 e final no apoio proxectado n° AKSVF1C1//15C500-3-BlS, cunha lonxitude de 105 m.

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-56 mm2 Al. Regular condutor proxectado, coa orixe no apoio proxectado n° AKSVF1C1//15C500-3- BIS e final no apoio existente n° AKR7RW92//15C500-4, cunha lonxitude de 55 m.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal da transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Sada

Predio

Lugar/ref. castastral

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Valiñas

15076A014010220000EG

Descoñecido

3

2,0

42,8

681,56

2

Valiñas

15076A014011720000ES

Descoñecido

3-BIS

2,0

68,51

831,06

3

Fonte Corneira

15076A014010280000EM

Descoñecido

112,3

4

Fonte Corneira

15076A014010270000EF

Descoñecido

84,53

5

Fonte Corneira

15076A014010260000ET

Descoñecido

79,63

6

Fonte Corneira

15076A014010250000EL

Descoñecido

12,22

184,6

7

Valiñas

15076A014010240000EP

Descoñecido

26,08

411,06

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².