DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/588-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo as resolucións dos expedientes de reclamación, despois de ser intentadas sen éxito as notificacións.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 4 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/588-4.

Interesado/NIF: X6824990Q.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/631-4.

Interesado/NIF: 77460161W.

Acto notificado: resolución.