DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/205-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT SMC701 apoio AIN0KA7S//42-2, no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/205-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 4 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/205-1.

Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT SMC701 apoio AIN0KA7S//42-2.

Concello: Cambre.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Cambre

Pena

4435917NH5943N0001FE

- Filomena Bermúdez Vázquez

- Matilde Vázquez Varela

- Alfredo Díaz Novo

- Josefa María Díaz Novo

- Francisco Novo Losada

- María Olga Novo Blanco

22.8.2024

10.30