DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se autoriza a permuta dos puntos de ancoraxe entre os viveiros de cultivos mariños Sabino IV e Ramorta II.

Antecedentes:

1. O día 25 de xaneiro de 2024, María Victoria García Figueiras (***4317**), Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**), Alejandro de la Torre Lamosa (***9718**), María Carmen Lamosa García (***6195**), José Manuel de la Torre Lamosa (***9118**) e Mª Dolores de la Torre Lamosa (***9346**) solicitaron permiso para permutar os puntos de ancoraxe entre as bateas denominadas Sabino IV e Ramorta II.

2. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

3. No expediente constan os informes técnicos favorables.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade co disposto na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril), e en virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril do 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a permuta dos puntos de ancoraxe dos seguintes viveiros:

Subtipo: batea.

Nome: Sabino IV.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 45.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Titulares: María Victoria García Figueiras (***4317**) e Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Subtipo: batea.

Nome: Ramorta II.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 67.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Titulares: Alejandro de la Torre Lamosa (***9718**), María Carmen Lamosa García (***6195**), José Manuel de la Torre Lamosa (***9118**) e Mª Dolores de la Torre Lamosa (***9346**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta, a localización dos viveiros queda como se indica:

Nome: Sabino IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 67.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Nome: Ramorta II.

Localización:

Cuadrícula nº: 45.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións do polígono de destino e as placas identificadoras modificaranse segundo o indicado nesta resolución.

Terceira. O traslado das bateas realizarase no prazo máximo de 3 meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, e contará coas pertinentes autorizacións de organismos competentes na materia. Rematado o prazo sen efectuar o traslado, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. Os titulares das concesións certificarán a realización da permuta, unha vez rematado o traslado dos artefactos.

Quinta. No caso de trasladar o mexillón das bateas, deberán aterse ao establecido na Orde do 14 de marzo de 1997 pola que se establecen condicións para o traslado de moluscos bivalvos entre viveiros situados en augas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 61, do 1 de abril).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de maio de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo