DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se autoriza a modificación substancial dun establecemento de acuicultura sito no polígono industrial de Cuíña, concello de Cervo (expediente PE503A 2023-2).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 10 de xuño de 2024, se autoriza a modificación substancial do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Titular: Acuidoro, S.L.U. (B15139785).

Tipo de establecemento: granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo (Scophtalmus maximus) e linguados (Solea solea e Solea senegalensis).

Localización: polígono industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo, Lugo.

Proxecto: ampliación das instalacións de acuicultura en Cervo, Lugo (edificio de linguado, fase II).

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 9 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 23 de xuño.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica