En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:
Solicitante: José Mª Rodríguez Vázquez.
DNI: *** 9943**.
Expediente: DH.W15.98324.
Lugar: A Barcala.
Parroquia: San Pedro de Nos (San Pedro).
Concello: Oleiros.
Descrición das obras:
As obras solicitadas consisten no recheo de parcelas, no polígono 25, parcelas 249 e 255, para o seu mellor aproveitamento.
A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 15 de maio de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte