DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36143

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2024 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 25 de xuño de 2024.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

4. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza a presentación da solicitude para participar nestas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.

Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. A persoa solicitante é responsable da veracidade e vixencia dos seus datos persoais e profesionais. Os datos solicitados na área de matrícula deben estar actualizados no momento da solicitude de formación e, se é o caso, serán os datos que se consulten para a realización da selección. Excluiranse automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario estandarizado, non teñan cubertos correctamente e actualizados os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– O software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na páxina web da EGAP no seguinte enlace <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos> onde se indica como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

10. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na sua área de matrícula todos os campos marcando a casiña de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

11. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e 981 54 62 53 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueloutros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos a súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o estima oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado á que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2024 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de xaneiro (DOG núm. 29, do 9 de febreiro), comezarase pola letra H.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase o día seguinte ao do remate do prazo de matrícula e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

1º. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

2º. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

3º. Por razóns de conciliación familiar.

4º. Por outras causas xustificadas documentalmente.

O feito de non contar co software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución non se considerará causa xustificada para renunciar fóra de prazo á actividade formativa.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1 letra c) e superar a proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe mediante o que declara apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Prazas

Horas

Modalidade/localidade

Data inicio

Data remate

Date e horario do exame

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC24172

Aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

35

Mixto

Teleformación + Telepresenza

Teleformación:

2.9.2024 ao 2.10.2024 Telepresenza:

5, 12, 19 e 26 de setembro, das 17.00 ás 19.30 h

7.10.2024 16.30 h

FC24180

Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

7.10.2024

24.10.2024

29.10.2024 16.30 h

FC24182

A estrutura do emprego público e ordenación dos recursos humanos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia: a elaboración da relación de postos de traballo (RPT)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

1.10.2024

20.10.2024

23.10.2024 17.30 h

FC24183

A nova Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

12

Teleformación

15.10.2024

27.10.2024

31.10.2024 17.30 h

FC24184

A protección de datos como límite á transparencia pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

25

Teleformación

16.9.2024

10.10.2024

15.10.2024 16.30 h

FC24186

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

5.11.2024

25.11.2024

29.11.2024 18.00 h

FC24187

Execución de resolucións xudiciais e as súas repercusións económicas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

28.10.2024

18.11.2024

21.11.2024 17.00 h

FC24189

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

25

Teleformación

26.9.2024

21.10.2024

24.11.2024 18.30 h

FC24190

Marco lexislativo específico e xeral sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

30

Teleformación

24.10.2024

24.11.2024

28.11.2024 18.00 h

FC24191

Os retos da Administración pública na sociedade da información

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

25

Teleformación

1.10.2024

25.10.2024

29.10.2024 17.30 h

FC24192

Réxime disciplinario do persoal empregado público de Galicia

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

15

Teleformación

17.9.2024

3.10.2024

8.10.2024 16.30 h

FC24193

Técnicas para a elaboración de pregos de contratación pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

30

Teleformación

9.10.2024

10.11.2024

14.11.2024 18.00 h

FC24201

A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

8.10.2024

27.10.2024

30.10.2024 17.00 h

FC24204

Integridade institucional e plans antifraude

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

29.10.2024

18.11.2024

21.11.2024 16.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC24173

Básico de dereito social europeo

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

30

Teleformación

26.9.2024

26.10.2024

30.10.2024 16.30 h

FC24181

Principios de dereito económico europeo

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

30

Teleformación

28.10.2024

28.11.2024

3.12.2024 17.30 h

FC24197

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

50

25

Teleformación

23.9.2024

17.10.2024

22.10.2024 17.30 h

FC24206

Introdución aos Fondos Europeos

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

20

Presencial

Santiago de Compostela

14, 19, 21, 26 e 28 de novembro, das 16.30 ás 20.30 h

28.11.2024 20:00 h

FC24207

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

30

14

Mixto

Telepresenza +

Presencial

Telepresenza:

8, 10 e 15 de outubro, das 17.00 ás 19.30 h

22 de outubro, das 17.00 ás 20.00 h

Presencial:

17 outubro, das 16.30 ás 20.00 h

22.10.2024 19.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC24188

Habilidades sociais de especial interese no ámbito laboral

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

35

20

Telepresenza

4 ,5, 6, 7, 8, 11, 13 e 14 de novembro, das 16.30 ás 19.00 h

14.11.2024 18.30 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC24185

Declaración do Imposto de Sucesións. Uso avanzado do programa de Axuda á Liquidación do Imposto de Sucesións (ALISe).

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Terán preferencia:

1. Persoal ao servizo da Atriga.

2. Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.

3. Resto do persoal ao servizo da Administración autonómica.

35

30

Mixto

Teleformación + Telepresenza

Teleformación:

21.10.2024 ao 18.11.2024 Telepresenza:

21, 22 e 29 de outubro; e 5 e 12 de novembro, das 16.30 ás 19.30 h

21.11.2024 18.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC24158

Participación autonómica e local no proceso lexislativo da Unión Europea

Preferiblemente persoal dos grupos A1 e A2 que interveñan na revisión e transposición da lexislación da Unión Europea ou que participen no procedemento lexislativo autonómico, e responsables de asuntos europeos nas institucións autonómica e local.

20

8

Presencial

Santiago de Compostela

16 e 17 de setembro, das 16.30 ás 19.30 h

18 de setembro, das 16.30 ás 18.30 h

18.9.2024 18.00 h

Consellería de Economía e Industria

FC24159

A transición enerxética en Galicia

Persoal ao servizo do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), enxeñeiros/as da Consellería de Economía e Industria, así como persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

21

Presencial

Santiago de Compostela

8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de outubro, das 9.00 ás 12.00 h

29.10.2024 11.30 h

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

FC24196

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

12

Presencial

A Coruña

19 e 20 de setembro, das 8.30 ás 14.30 h

Práctico

FC24196

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

12

Presencial

Ourense

3 e 4 de outubro, das 8.30 ás 14.30 h

Práctico

FC24196

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

12

Presencial

Santiago de Compostela

7 e 8 de novembro, das 8.30 h ás 14.30 h

Práctico

FC24196

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

12

Presencial

Pontevedra

17 e 18 de outubro, das 8.30 h ás 14.30 h

Práctico

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

FC24178

Xestión dos hábitats de interese comunitario nos espazos da Rede Natura 2000

Persoal técnico e persoal de campo (axentes, gardas de recursos naturais) da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e servizos provinciais de patrimonio natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e dos servizos provinciais de Patrimonio Natural. No caso de quedar prazas vacantes poderá participar o resto de persoal da consellería.

30

20

Mixto

Telepresenza + Teleformación

Teleformación:

21.10.2024 ao 29.10.2024

Telepresenza:

21, 22, 23, 28 e 29 de outubro, das 16.30 ás 19.30 h

29.10.2024 19.00 h

Consellería de Facenda e Administración Pública

FC24194

A web do IGE: presentación da información dispoñible e das maneiras de acceso a esta. Introdución ao software libre R.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

30

Teleformación

24.10.2024

25.11.2024

29.11.2024 18.30 h

FC24195

Básico de análise de datos con Tableau

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teñan interese nas ferramentas de organización e visualización de datos.

50

30

Teleformación

30.10.2024

28.11.2024

3.12.2024 18.00 h

FC24198

SIX corporativo orientado a persoal TIC

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

50

20

Teleformación

4.11.2024

24.11.2024

28.11.2024 16.30 h

FC24199

Visión xeral de tecnoloxías disruptivas orientado a persoal TIC

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

35

50

Mixto

Teleformación + Telepresenza

Teleformación:

1.10.2024 ao 12.11.2024 Telepresenza:

16, 23 e 30 de outubro; e 6 de novembro, das 9.00 ás 11.30 h

15.11.2024 16.30 h

FC24200

Xestión de persoal e BREIXO

Persoal da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

30

Presencial

Santiago de Compostela

21, 23, 24, 28 e 30 de outubro; e 4, 5, 7, 12 e 14 de novembro, das 16.30 ás 19.30 h

14.11.2024 19.00 h

FC24202

Excel avanzado e ferramentas de Business Inteligence (BI)

Persoal da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

25

15

Presencial

Santiago de Compostela

19, 21, 26 e 28 de novembro; e 3 de decembro, das 16.30 ás 19.30 h

3.12.2024 19.00 h

FC24203

A contabilidade pública en Galicia. O actual marco contable e posibles melloras

Persoal da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

30

15

Presencial

Santiago de Compostela

29 e 31 de outubro; e 6, 11 e 13 de novembro, das 16.30 ás 19.30 h

13.11.2024 19.00 h

FC24208

Taller práctico sobre elaboración e aplicación de quendas de traballo en centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude

Persoal directivo dos centros residenciais de xestión propia da Consellería de Política Social e Igualdade (Centros de atención a maiores, persoas con discapacidade e menores).

– Persoal dos centros residenciais de xestión propia da Consellería de Política Social e Igualdade encargadas da elaboración, o desenvolvemento e o control sobre as quendas de traballo.

– Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con funcións directivas, de xestión, ou de control sobre as políticas de persoal dos centros de atención residencial.

40

24

Presencial

Santiago de Compostela

15, 17, 22, 24, 29 e 31 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h

31.10.2024 13.30 h

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras

FC24160

Básico de sistemas de información xeográfica (SIX) aplicado á xestión de estradas

Persoal técnico da Axencia Galega de Infraestruturas. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

30

Presencial

Santiago de Compostela

30 de setembro; e 2, 7, 9 e 14 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h

14.10.2024 17.30 h

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

FC24162

Seguridade e protección de datos no ámbito educativo

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Terá preferencia o persoal ao servizo da Administración xeral en centros educativos.

50

10

Teleformación

4.11.2024

14.11.2024

19.11.2024 19.00 h

FC24163

Os problemas de conduta no ámbito educativo

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Terá preferencia o persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; persoal educador e auxiliar coidador; e intérpretes da lingua de signos española.

30

15

Telepresenza

23, 24 e 26 de setembro; e 1, 2 e 4 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h

4.10.2024 18.30 h

FC24164

A atención ao alumnado con discapacidade visual nas diferentes modalidades de ensino.

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

30

15

Telepresenza

21, 22, 24, 25, 28 e 29 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h

29.10.2024 18.30 h

FC24165

Competencias emocionais do alumnado con trastornos do espectro autista

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

30

15

Telepresenza

16, 17, 19, 20, 23 e 24 de setembro, das 16.30 ás 19.00 h

24.9.2024 18.30 h

FC24166

A mellora do benestar e a convivencia nos centros educativos

Persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

30

15

Telepresenza

14, 15, 17, 22, 23 e 25 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h

25.10.2024 18.30 h

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

FC24161

Proxectos de dixitalización documental e a súa divulgación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Terá preferencia o persoal técnico: arquiveiros/as, bibliotecarios/as e museólogos/as.

50

25

Teleformación

4.11.2024

28.11.2024

3.12.2024 19.00 h

FC24167

Acompañamento emocional á mocidade

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Terá preferencia o persoal ao servizo da Consellería de Política Social e Igualdade e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

50

20

Teleformación

14.10.2024

8.11.2024

13.11.2024 18.00 h

FC24168

Xestión da comunicación dixital cara á xuventude na Administración pública

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Terá preferencia:

1. O persoal da Dirección Xeral de Xuventude.

2. O resto de persoal da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

50

30

Teleformación

4.11.2024

4.12.2024

10.12.2024 17.00 h

Consellería do Medio Rural

FC24169

Actualización normativa sobre indicacións xeográficas (DOPs e IXPs)

En primeiro lugar, persoal da Área de Calidade Alimentaria (Agacal), persoal da Subdirección de Industrias e Calidade Agroalimentaria, persoal do Servizo de Vixilancia do Mercado e Seguridade dos Produtos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). Logo, outro persoal técnico da Consellería do Medio Rural. En segundo lugar, o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

20

20

Presencial

Santiago de Compostela

8 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h

9 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h

15 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h

16 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h

16.10.2024 13.30 h

FC24170

Control oficial da seguridade alimentaria na produción primaria gandeira

En primeiro lugar, persoal inspector executor dos controis oficiais competencia da Subdirección xeral de Gandaría da Consellería do Medio Rural. En caso de vacantes, persoal inspector ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

20

Presencial

Santiago de Compostela

3, 10, 17 e 24 de setembro, das 9.00 ás 14.00 h

24.9.2024 13.30 h

FC24174

QGIS aplicado aos polígonos agroforestais

En primeiro lugar, persoal técnico de Agader e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. En caso de vacantes, o resto de persoal técnico da Consellería do Medio Rural En caso de vacantes, o resto de persoal da Xunta de Galicia.

50

25

Teleformación

7.10.2024

30.10.2024

4.11.2024 18.30 h

FC24175

Formación de inspectores en sanidade vexetal

En primeiro lugar, persoal enxeñeiro técnico agrícola e enxeñeiro agrónomo que preste servizos na Consellería do Medio Rural. En caso de vacantes, persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

25

30

Presencial

Santiago de Compostela

7, 14, 21 e 28 de outubro; 4 e 12 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h

12.11.2024 13.30 h

FC24176

Prevención, detección e loita contra a fraude e o conflito de intereses na xestión dos fondos europeos agrícolas

Con prioridade para o persoal do Fogga e para os xestores de fondos europeos agrícolas Feaga ou Feader. En caso de vacantes, o resto de persoal da Xunta de Galicia.

50

15

Teleformación

16.9.2024

26.9.2024

2.10.2024 16.30 h

FC24177

Formación de inspectores en relación co Regulamento 2016/1012 e coa cría animal

En primeiro lugar, o persoal inspector da Subdirección Xeral de Gandaría da Consellería do Medio Rural En caso de vacante o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

30

20

Presencial

Santiago de Compostela

4, 5, 6, 7 e 8 de novembro das 9.30 ás 13.30 h

5 de novembro: visita ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz (Coles-Ourense)

6 de novembro: visita a Xenética Fontao (Lugo)

8.11.2024 13.00 h

Consellería do Mar

FC24171

Acuicultura mariña e continental: a súa ordenación e xestión

Persoal técnico da Consellería do Mar e persoal da Subdirección Xeral de Gardacostas.

25

30

Presencial

Santiago de Compostela

14, 15, 16, 28, 29 e 30 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h

30.10.2024 13.30 h

Consellería de Sanidade

FC24179

Prevención de riscos laborais para inspección de saúde pública

Persoal implicado na inspección de saúde pública (persoal de inspección farmacéutica e veterinario de Saúde Pública e persoal de xestión de servizos centrais da Dirección Xeral de Saúde Pública).

25

8

Presencial

Santiago de Compostela

1 e 2 de outubro, das 9.30 ás 13.30 h

2.10.2024 13.00 h