DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36027

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas de conformidade coa Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento CT238B e CT238C) (Diario Oficial de Galicia número 49, do 8 de marzo).

Logo de examinar a proposta de resolución, en relación coas axudas correspondentes á modalidade A da Orde do 27 de febreiro de 2024 e de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da orde de bases e convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións da modalidade A: axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego, aos proxectos que se relacionan no anexo I cos importes correspondentes a cada beneficiario.

Segundo. Denegar as solicitudes das empresas editoras que se relacionan no anexo II por non cumprir os requisitos exixidos polas bases da convocatoria e indicar a causa de exclusión.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 22 da orde de bases de convocatoria, as editoras beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a aceptación da subvención, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Quedará sen efecto a concesión ás persoas beneficiarias que non acepten a subvención.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022, DOG núm. 151, do 8 de agosto; DA 2ª Decreto 49/2024)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO I

Modalidade A. Axudas ao sector editorial relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B).

Entidade beneficiaria

Título

Anualidade

2024

Anualidade

2025

Importe total

Arraianos Producións, S.L.

90 anos nas ondas. Dos inicios da radio en Galicia aos nosos días

2.333,00 €

2.667,00 €

5.000,00 €

Arraianos Producións, S.L.

O Camiño de Ramón Chao. Tras as pegadas de Prisciliano

2.333,00 €

2.667,00 €

5.000,00 €

Arraianos Producións, S.L.

Xosé Velo sen fronteiras

2.333,00 €

2.667,00 €

5.000,00 €

Editorial Galaxia, S.A.

Daniel no peirao

1.350,49 €

1.543,83 €

2.894,32 €

Editorial Galaxia, S.A.

Hermelindo esbirra poemas

1.485,99 €

1.698,73 €

3.184,72 €

Editorial Galaxia, S.A.

Ícaras

1.418,24 €

1.621,28 €

3.039,52 €

Editorial Guiverny, S.L.

Dous nenos coma ti

2.262,85 €

2.586,81 €

4.849,66 €

Editorial Guiverny, S.L.

O Parnaso sobre rodas

2.262,85 €

2.586,81 €

4.849,66 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

A lagoa máis fermosa de todas as lagoas

1.954,60 €

2.234,43 €

4.189,03 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

A comuna de Valdonelle

1.645,57 €

1.881,15 €

3.526,72 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

Gumes entre a néboa

1.645,57 €

1.881,15 €

3.526,72 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

Loucine

1.765,36 €

2.018,09 €

3.783,45 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

A matanza clandestina

2.314,86 €

2.646,26 €

4.961,12 €

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Pel de cordeiro

2.333,00 €

2.667,00 €

5.000,00 €

ANEXO II

Entidade solicitante

Título

Causa

Arraianos Producións, S.L.

Xosé Velo. Textos escollidos

Obra editada por unha Administración pública, segundo o artigo 8.d) da orde de convocatoria