DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslinde con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chaín, do concello de Gondomar.

Unha vez obtido informe favorable á proposta de deslinde con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chaín, concello de Gondomar, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte o centro cultural de A Merced, no lugar de Chaín, Pintor 25A, 36389 Gondomar (Pontevedra). No seguinte horario: martes a venres, das 19.30 ás 23.00 horas, e sábados e domingos das 13.00 ás 23.00 horas.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer presenten alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no mesmo enderezo indicado no parágrafo anterior.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 28 de maio de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra