DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2024 pola que se acepta a renuncia e se deixa sen efecto a autorización da transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea M.T.V. I que foi outorgada pola Resolución da xefa territorial do 28 de febreiro de 2024.

Antecedentes:

1. O 27.2.2024, Acuicultura del Salnés, S.L. solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea M.T.V. I, situada no distrito de Ribeira, polígono B, cuadrícula 2, a favor de Clotilde Castelo Baulde.

2. O 28.2.2024, a xefa territorial na Coruña, por delegación do conselleiro do Mar, ditou resolución pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da dita batea M.T.V. I a favor de Clotilde Castelo Baulde. Na dita resolución déixase constancia de que esta quedará sen efecto de non presentarse o documento notarial en que se formalice a transmisión no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia desa resolución.

A dita resolución de autorización foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 6 de marzo de 2024.

3. O 18.3.2024, Acuicultura del Salnés, S.L. presentou un escrito en que manifesta que renuncia á dita autorización, toda vez que, finalmente, acordaron non transmitir a concesión.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde ao conselleiro do Mar, de conformidade co disposto na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia.

Esta competencia está delegada nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería do Mar pola Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias.

2. O artigo 84 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón: «1. Poñerán fin ao procedemento a resolución, a desistencia, a renuncia ao dereito en que se funde a solicitude, cando tal renuncia non estea prohibida polo ordenamento xurídico e a declaración de caducidade».

Asemade, o artigo 94 da devandita Lei 39/2015 establece:

«1. Todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando isto non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos. (...) 3. Tanto a desistencia como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia sempre que incorpore as firmas que correspondan de acordo co previsto na normativa aplicable. 4. A Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluso o procedemento agás que, tendo comparecido nel terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia. (...)».

Mediante escrito do 18 de marzo de 2024 Acuicultura del Salnés, S.L. renuncia á autorización que lle fora outorgada mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2024, ditada pola xefa territorial na Coruña da Consellería do Mar, por delegación do conselleiro, e publicada no Diario Oficial de Galicia, número 47, do 6 marzo.

Asemade, obsérvase que non consta no expediente que os interesados presentaran o documento notarial no que se formalice a transmisión da titularidade da concesión administrativa do referido viveiro.

De conformidade coa normativa exposta, e unha vez revisada a documentación que obra no expediente, en especial, o escrito presentado o 18 de marzo de 2024, conclúese que é inequívoca a vontade manifestada de xeito expreso pola persoa interesada no sentido de que renuncia á autorización concedida. En consecuencia, non cabe senón aceptar de plano a renuncia, deixando sen efecto a autorización outorgada, e declarar concluso o procedemento.

En virtude do exposto, e visto o expediente administrativo de que se trata; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Aceptar a renuncia e deixar sen efecto a autorización da transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea M.T.V. I, situada no distrito de Ribeira, polígono B, cuadrícula 2, a favor de Clotilde Castelo Baulde, que fora outorgada o 28.2.2024 pola resolución da xefa territorial na Coruña, ditada por delegación do conselleiro, e publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 6 de marzo, co conseguinte arquivamento das actuacións.

Notificar a presente resolución ás persoas interesadas coa indicación de que contra ela, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poidan presentar recurso de reposición ante o conselleiro do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme ao previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 31 de maio de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña