DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36193

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola que se fai público o baremo provisional da fase de concurso de varios postos.

Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do 28 de decembro, convocouse o proceso extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, correspondente ás prazas de estabilización de emprego temporal da entidade pública empresarial Portos de Galicia mediante o sistema de concurso. Na mesma resolución aprobáronse as bases específicas do proceso de estabilización. A dita resolución foi modificada pola Resolución do 23 de xaneiro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro.

A epígrafe III.2 das bases da convocatoria dispón que os méritos enumerados na súa base III.1.1 deberán referirse á data de publicación do anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 28 de decembro de 2022. Estes méritos deberán acreditarse de conformidade co procedemento que se establece na epígrafe II das bases e no anexo III, relativo á acreditación de méritos feito público na web https://portosdegalicia.gal

A epígrafe III.3 das bases da convocatoria establece que, rematado o prazo de acreditación de méritos, o tribunal baremará a fase de concurso coa colaboración técnica que precise do persoal de Portos de Galicia e publicará a puntuación resultante.

Na súa virtude, na sesión que tivo lugar o 28 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 31 de maio de 2023 (DOG núm. 108, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso mediante o sistema de concurso nos postos recollidos no anexo II das bases da convocatoria,

RESOLVE:

Primeiro. Facer público o baremo provisional do concurso de méritos dos postos que se relacionan no anexo desta resolución, coa indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na epígrafe II.1.1 e no anexo III das bases da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da EPE Portos de Galicia, https://portosdegalicia.gal, na epígrafe de transparencia e Goberno aberto/convocatoria de procesos selectivos.

Segundo. De acordo co establecido na epígrafe III.3 das bases da convocatoria, contra o baremo provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse preferentemente nas dependencias da entidade dirixidas á Presidencia de Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5A, 6º, polígono das Fontiñas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Tamén poderán presentarse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

Andrés Daniel Cervantes Refojos
Presidente do tribunal

ANEXO

Postos dos cales se publica o baremo provisional

Denominación do posto

Grupo

Técnico en comunicación e relacións externas/grao ou licenciatura en Xornalismo

I

Xefe unidade/grao ou licenciatura en Dereito

I

Enxeñeiro/a camiños, canais e portos

I

Xefe/a Zona Sur/enxeñeiro/a camiños, canais e portos

I

Enxeñeiro/a técnico topografía

II

Celador/a garda peiraos

III

Condutor-conserxe/bacharelato/FP2 ou equivalente

III

Administrativo/a

III

Delineante/técnico/a ou equivalente

III

Técnico/a en seguridade//bacharelato

III

Axudante topógrafo/FP2/técnico/a superior D.P.U. e O.T.

III

Vixiante de obras/FP2

III

Auxiliar administrativo/ESO, técnico/a ou equivalente

IV