DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, as persoas interesadas poderán comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de maio de 2024

Pilar Fernández López
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Núm. de expediente

Acto que se notifica

Concello

33547564V

33547564V/03-01-2024/2.2.B

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba

33850728H

33850728H/07-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34280887P

34280887P/06-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34311097L

34311097L/17-11-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34320296H

34320296H/27-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

35697703R

35697703R/15-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

35698253E

35698253E/17-10-2023/2.2.B

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X5243296D

X5243296D/20-11-2023/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo