DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican trámites de audiencia como consecuencia dos recursos de alzada interpostos contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Recurso

35403621C

Trámite de audiencia

Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra)

86

35402074Z

Trámite de audiencia

Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra)

86

José González Villalustre

Trámite de audiencia

Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra)

86

Dolores González Villalustre

Trámite de audiencia

Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra)

86