DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 36005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de maio de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario por obras de ampliación da nave da concesión administrativa de ocupación da nave (12.46.EDF.003) e carro varadoiro, outorgada a Astilleros de Aguiño, S.L. no porto de Aguiño (código 12-46-05-C-1).

Está en trámite unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa outorgada a Astilleros de Aguiño, S.L. para a ocupación da nave 12.46.EDF.003 e carro varadoiro, titularidade de Portos de Galicia, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 5.10.2022 e segundo a confrontación do proxecto básico Modificado para a ampliación de nave no porto de Aguiño, asinado o 5 de abril de 2023 pola arquitecta Sonia García González, colexiada número 4625.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG número 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 20 de maio de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefatura da Zona Centro