DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 36006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, procedemento abreviado 113/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, tramítase o recurso 113/2024 (procedemento abreviado), interposto por Luis Otero Millán contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 1 de marzo de 2024, pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 23 de maio de 2022 contra a Resolución do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 80, do 27 de abril), (especialidade: Farmacia hospitalaria).

O recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos