DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 36003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de maio de 2024, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente VI482F3200147 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo director xeral e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, núm. 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de maio de 2024

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 21.5.2024)
María Ángeles Mosqueira Vidal
Xefa do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI582F3200147

Y7769668Y

Resolución de declaración de perda do dereito á axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI582F3200231

34981216X

Resolución de desistencia tácita da solicitude da axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI582F3200233

44463403X

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI582F3200273

X9114711H

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda do programa do Bono de alugueiro social