DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.97216).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Luis Cort Bas.

DNI: ***8972**.

Expediente: DH.A36.97216.

Volume total anual: 3.984 m3/ano.

Destino: rega.

Orixe: augas pluviais.

Lugar: Prado.

Parroquia: San Miguel de Castro.

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

Realízase a captación de augas de drenaxe, que cruzan a estrada CP-2017, en torno do punto de coordenadas UTM X=551.745 e Y=4.735.680 (ETRS89 fuso 29), e o seu almacenamento nun depósito cilíndrico de formigón de 1.000 litros de capacidade, desde o que se regan uns 33.200 m2 de plantación de viñedo na parcela de referencia catastral 36017A003005400000KK, tras conducións de 75 e 40 mm de diámetro ao longo duns 900 m.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro