DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa que supón a extinción da DH.A36.11604 (expediente DH.A36.88473).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Raúl Crespo Arosa.

Expediente: DH.A36.88473.

Volume total anual: 884,24 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,35 l/s.

Destino: rega.

Orixe: dous mananciais (M1 e M2) nas parcelas 424 e 418 do polígono 37 do catastro de Vilaboa.

Lugar: A Carballeira.

Parroquia: Vilaboa.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga de M1 cáptase en arqueta aberta formigón e condúcese a lavadoiro na parcela 283, polígono 37, ao que chega tamén a de M2, recollida en pedra. Do lavadoiro parten tres tubos con dúas billas cada un para rega da parcela. O rebordo corre polo mesmo predio.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur