DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35633

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Mediante Resolución conxunta do 22 de marzo de 2024 (DOG núm. 68, do 8 de abril) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar deserta a categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria).

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto Por un consumo informado e responsable, realizado polo Colegio Lar, S.L.

Terceiro. Declarar gañador do premio na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto A linguaxe publicitaria, realizado polo IES Lamas de Abade.

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Román Rodríguez González

Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén Castro

Director xeral do Instituto Galego

de Consumo e da Competencia