DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35627

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Obxecto

Importe

Data de sinatura

Segunda addenda de modificación ao convenio de colaboración entre Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. e a Universidade de Vigo, para a realización dun estudo para a implantación da tecnoloxía de protonterapia

0,00 €

19.5.2023

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilar de Santos, para a cesión do uso ao Departamento de Servizos Sociais do concello dunha sala no centro de saúde de Vilar de Santos

0,00 €

29.9.2023

Protocolo de colaboración entre a Universidade da Coruña, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Innovación, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación no ámbito académico, científico e cultural

0,00 €

6.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS), para a xestión da formalización do contrato laboral dunha profesional facultativa investigadora, concedido ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), a través da FBGS, ao abeiro da convocatoria Clínico Junior 2023 de axudas á investigación da Fundación Científica Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), para a incorporación dun facultativo con experiencia investigadora dentro dun servizo de Oncoloxía

105.000,00 €

30.11.2023

Convenio específico entre, por unha parte, o Ministerio de Sanidade e as consellerías competentes en materia de saúde das comunidades autónomas do País Vasco, Cataluña, Galicia, Andalucía, Valencia, Canarias e Madrid e, por outra parte, a Fundación Amancio Ortega Gaona, para a colaboración na implantación da protonterapia no Sistema nacional de saúde

280.000.000,00 €

4.12.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS), para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega e Intensificación, concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), a través da FBGS, ao abeiro da convocatoria AES 2022

130.000,00 €

4.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Palas de Rei no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Palas de Rei

155.230,90 €

19.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Frades no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Ponte Carreira

40.195,51 €

19.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Frades no cal se establecen as bases para a reforma do consultorio de Abellá

8.197,53 €

19.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cospeito no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cospeito

71.966,20 €

19.12.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consorcio Oncolóxico de Galicia, para a posta á disposición de equipamento tecnolóxico

2.984.291,15 €

22.12.2023

Addenda ao convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto de Salud Carlos III, O.A., M.P., para a mellora do coñecemento da infección polo VIH en Galicia

10.315,50 €

27.12.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Becerreá, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Becerreá

0,00 €

4.1.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Pantón, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Pantón

0,00 €

4.1.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lundbeck España, S.A.U., para a organización do curso «Píldora de e-learning sobre migraña»

7.880,26 €

19.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas externas curriculares dos estudos oficiais de grao e máster

0,00 €

23.1.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ponteareas, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Ponteareas

0,00 €

30.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Escola Superior de Saúde Cruz Vermelha Portuguesa-Alto Tâmega, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais do grao en Enfermaría

0,00 €

31.1.2024

Prórroga do acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Axuda aos Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), para o desenvolvemento dos proxectos de Asanog integrados no programa Meu ben

0,00 €

31.1.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cabana de Bergantiños no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cabana de Bergantiños

48.546,41 €

2.2.2024

Convenio de colaboración entre a Fundación Biomédica Galicia Sur e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como entidade colaboradora no Estudo post-comercialización do test RAID-CRC Screen en participantes do cribado de cancro colorrectal cun resultado positivo do test de sangue oculto nas feces inmunoquímico (TSOHi), co código de protocolo GG-RAIDCRC-1008

0,00 €

2.2.2024

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), para a xestión da formalización dos contratos Juan Rodés, Río Hortega e Intensificación, concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a través da FIDIS, ao abeiro da convocatoria AES 2023

647.000,00 €

15.2.2024

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS), para a xestión da formalización dos contratos Juan Rodés e Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a través da FPNS, ao abeiro da convocatoria AES 2023

441.100,00 €

15.2.2024

Convenio de colaboración para a atención de lesionados en accidente de tráfico mediante servizos de emerxencias sanitarias para os exercicios 2024-2027, no eido da sanidade pública, entre o Consorcio de Compensación de Seguros, a Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (Unespa), e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

0,00 €

15.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

27.065,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

7.925,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

56.050,00 €

16.2.2024

Acordo de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, en relación coa inclusión no sistema de Seguridade Social do alumnado que cursa prácticas curriculares do grao en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo durante o ano 2024

0,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais

0,00 €

16.2.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Lleida, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario

0,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Saúde Mental A Mariña, para a prestación de servizos terapéuticos para persoas con trastorno mental persistente no concello de Cervo

247.134,00 €

19.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

31.947,00 €

21.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

18.683,00 €

23.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

176.072,00 €

23.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ACLAD da Coruña, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

2.029.228,00 €

26.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas UTACA, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

244.130,00 €

26.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada de Vigo, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

1.807.016,00 €

27.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

251.415,00 €

27.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias Asfedro, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

1.124.473,00 €

28.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

141.776,00 €

28.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Itínere

126.143,00 €

29.2.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención integral de persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia

1.196.770,00 €

1.3.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas, para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

221.529,00 €

4.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Nacional de Educación a Distancia, para a realización de prácticas externas curriculares dos estudos oficiais de grao e máster

0,00 €

5.3.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo, para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

747.763,00 €

6.3.2024

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade de Galicia e a Fundación Estatal Salud, Infancia y Bienestar Social, FSP (Fundación CSAI), en materia de participación conxunta en proxectos de cooperación

0,00 €

12.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Sociedade Pública Autonómica Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da Liña de fomento da inovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

13.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

13.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

13.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

13.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

13.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Vigo, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

14.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

14.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade da Coruña, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

14.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Cruz Vermella, para o desenvolvemento de accións conxuntas a prol das persoas en situación de vulnerabilidade, así como da sociedade da área sanitaria de Ferrol en xeral

0,00 €

15.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur, para a compartición do coñecemento no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, o cal está suxeito á obtención do financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

0,00 €

18.3.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A., para a promoción da calidade da atención sanitaria, a mellora dos resultados sanitarios, a investigación, o diagnóstico diferencial, a dixitalización do sistema sanitario, o acceso á innovación, a medicina de precisión e a formación de profesionais e xestores

0,00 €

18.3.2024

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e Gadisa Retail, S.L.U., para a convocatoria do VI Concurso escolar de carteis relacionados coa doazón e cos transplantes

3.000,00 €

18.3.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Fagal), para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

72.771,00 €

18.3.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras, para a loita contra a leucemia

894.000,00 €

25.3.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais e Nenos con problemas psicosociais Aspaneps, para a actualización e implantación do proceso asistencial no eido dos trastornos da aprendizaxe e trastornos de saúde mental relacionados en saúde mental infanto-xuvenil

150.000,00 €

26.3.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello das Neves no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde das Neves

40.152,35 €

3.4.2024

Prórroga do convenio entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, para a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal

145.200,00 €

3.4.2024

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento, de conformidade co disposto no artigo 47.2 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024

0,00 €

4.4.2024

Convenio entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento, de conformidade co disposto no artigo 47.2 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024

0,00 €

4.4.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no contorno sanitario

43.405,00 €

4.4.2024

Addenda ao convenio entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela, para a vixilancia das carrachas vectores de enfermidade humana e animal

72.600,00 €

4.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela, para a creación da cátedra institucional Saúde Ambiental

100.000,00 €

5.4.2024

Acordo de investigación colaborativa entre o Hospital Universitario de Oslo e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia respecto do proxecto de investigación: Artificial intelligence in Colonoscopy for canCEr PrevenTion (ACCEPT)-a Randomized Health Service Implementation Project

0,00 €

11.4.2024