DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35626

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024/25.

Co obxecto de proceder á actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024/25, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Anunciar que a actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024/25, que inclúe algúns aspectos para a súa organización, estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/portal).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos