DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se ordena retrotraer a tramitación do expediente IN407A 2010/268-1 ao momento de notificación ás persoas interesadas do levantamento da acta previa, constitución do depósito previo e notificación do acto de ocupación e requirimento da folla de valoración no predio 203 de Rois.

Comprobouse que, por mor dun erro, non lles foi comunicada ás persoas que no levantamento de actas previas no expediente de expropiación forzosa IN407A 2010/268-1 compareceron nese acto a copia da acta previa, do depósito previo e do acto de ocupación e requirimento da súa folla de valoración. Coa finalidade de corrixir ese erro, retrotráese a tramitación do expediente ao momento procedemental de notificación da acta previa do predio 203 de Rois. En consecuencia, remítese a cada unha das persoas que se relacionan no anexo I unha copia da acta, do depósito previo e un oficio no cal se lles sinalan os prazos para chegar a un mutuo acordo coa empresa beneficiaria e o prazo para presentar a súa folla de valoración.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 27 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO I

Relación de persoas interesadas

Fermina Boullón Boullón

María del Carmen Rodríguez Rodríguez

Olimpio Pan Sampaio

Dorinda Guimarey Rey

Ramón Martínez Boullón

Rosa María Pena Boullón

Camilo Boullón Boullón

María Rosa Pérez Soñora

María del Carmen Muíños Rodríguez (por erro non figura o seu nome na acta malia que a asinou e figura o seu DNI entre os dos demais interesados/as)