DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2022/230-1-modificado 1).

Expediente: IN407A 2022/230-1-modificado 1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado M1 do proxecto de LMTS peche Cabo de Cruz, segunda fase.

Concello: Boiro.

1. Características técnicas:

• LMTS (IN407A 2016/2129-1) (actuación 1) a 20 kV, de 1.389 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS Angados (15CIM4, exp. 15.230) existente e remate no CS proxectado, logo de facer E/S no CT proxectado. Retirada do condutor existente no tramo con inicio no CS Angados existente, remate no CTI Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1) existente por desmontar.

• LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 961 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no CT da Torre (15CNA4) existente.

• LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 26 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no apoio nº 9OG1OCBR//61 existente da LMT BOI802.

• Desmantelamento de tramo LMTA a 20 kV, de 235 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio do CTI Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1) existente por desmontar, alimentado pola LMT BOI802 procedente da subestación Boiro, e remate no apoio nº 9OG1OCBR//61 existente. Retirada dos apoios 9OH7CS9R//61-4, 9OHACKFN//61-3 e 9OGKEEOB//61-1.

• Novo CT Fonte do Mouro compacto prefabricado telecontrolado de manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do CTI Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1) existente, alimentado pola LMT BOI802.

• CS compacto prefabricado en configuración 3L (2TC).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 22 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Boiro

Modificado M1 do proxecto de LMTS peche Cabo de Cruz, 2ª fase

Nº de parcela

Lugar e ref. catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Lg. Fonte Mouro 0683502NH1108S0001PG

Urbano

Josefa Lojo Sánchez

Centro de transformación +

acceso

25,01

2

Arróns

15011A006000370000XB

Rústico

María de los Ángeles Vidal López

Centro de seccionamento +

beirarrúa perimetral

10,2

8,2

23,9

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude do servidume aérea en metros lineais

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2

m2 sot.: superficie de servidume soterrada