DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC, no concello do Grove, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/275-4).

A instalación denominada LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, do 27 de marzo de 2024, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 27 de xuño de 2024, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello do Grove.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 30 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36022A009001530000EZ

Senra

Jacobo Garrido

1

1,44