DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35652

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (código de procedemento IN418E).

Mediante a Resolución do 14 de decembro de 2024, que foi publicada no DOG número 244, do 27 de decembro de 2023, establecéronse as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas.

O artigo 4.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 18 de xaneiro e pechouse o 15 de maio. Na epígrafe correspondente á Planificación enerxética de concellos non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e, no entanto, existe lista de espera na epígrafe Planificación enerxética de comunidades enerxéticas.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible, e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas modificando a táboa do artigo 4.1 da Resolución do 14 de decembro de 2023 do seguinte xeito:

– Dotación orzamentaria inicial:

Distribución por liña de axuda

Orzamento (€)

Planificación enerxética de concellos

500.000,00

Planificación enerxética de comunidades enerxéticas

300.000,00

Total

800.000,00

– Modificación orzamentaria:

Distribución por liña de axuda

Orzamento (€)

Planificación enerxética de concellos

-143.250,90

Planificación enerxética de comunidades enerxéticas

+143.250,90

Total

0,00

– Dotación orzamentaria final:

Distribución por liña de axuda

Orzamento (€)

Planificación enerxética de concellos

356.749,10

Planificación enerxética de comunidades enerxéticas

443.250,90

Total

800.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia