DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 27 de maio de 2024 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Biduedo e Serra do Eixo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Riomao, no concello da Veiga.

Unha vez examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Biduedo e Serra do Eixo, pertencente á CMVMC de Riomao, no concello da Veiga, resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O 15.2.2023 a CMVMC de Riomao presentou unha solicitude (Rexel número 2023/539318) de revisión de esbozo do MVMC Biduedo e Serra do Eixo, no concello da Veiga.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do día 8.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

– Certificación do acordo da asemblea xeral.

– Sentenza do Xurado de Primeira Instancia do Barco de Valdeorras; a Comunidade de Montes de Prada como demandante, fronte ás comunidades de montes de Meda e de Riomao.

– Sentenza do Tribunal Superior de Justicia que resolve o recurso de casación da Comunidade de Montes de Prada ante as comunidades de montes de Meda e de Riomao.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 22 de xuño de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión é o perímetro lindeiro con particulares e outros montes veciñais.

A superficie do MVMC Biduedo e Serra do Eixo, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.727,88 ha fronte ás 1.669 ha clasificadas, o que supón un aumento do 3 % da superficie.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Biduedo e Serra do Eixo.

Consideración legal e técnica:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión, e axustaranse e completaranse con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 22 de xuño de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 14 de maio de 2024:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Biduedo e Serra do Eixo, pertencente á CMVMC de Riomao, no concello da Veiga.

Ourense, 28 de maio de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense