DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2024, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte de San Vitorio, no concello do Saviñao (expediente 3/2023).

Ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 3/2023.

– Denominación: San Vitorio.

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño.

– Concello: O Saviñao.

– Superficie: 149,71 hectáreas.

Na seguinte táboa, diferenciadas en nove zonas, indícanse as referencias catastrais das parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. Os planos que figuran no anexo, ao final deste anuncio, facilitan a súa localización.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 18.12.2023 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas interesadas poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 28 de maio de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clalificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file