DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público (OEP) dos anos 2020, 2021 e 2022 (primeira fase da convocatoria).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 3 de xuño de 2024 publicáronse as bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público do Concello de Vigo, correspondente aos anos 2020, 2021 e 2022, e as específicas das prazas do Servizo de Extinción de Incendios (sarxenta/o extinción de incendios, cabo extinción de incendios, bombeira/o, condutor/a-bombeiro/a) incluídas nesta primeira fase da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre, e o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia para persoal laboral pola quenda de promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios da corporación e xuntamente na páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 4 de xuño de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución Alcaldía do 28.6.2023)
Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución Alcaldía do 28.6.2023 e Acordo do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal