DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35588

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión de dúas vacantes de académica/o correspondente.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión de dúas vacantes de académica/o correspondente. Para ocupar cada unha destas prazas será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza, deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes:

Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 8 de maio de 2024

Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes