DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35585

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Intentada a notificación dos seguintes acordos do concelleiro delegado de Medio Ambiente do 17.4.2024 e 14.5.2024 e ao non resultar posible a súa práctica efectiva, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, procédese a notificar mediante a publicación no BOE, no DOG e no taboleiro de anuncios do concello o seguinte:

Acto que se notifica

Propietario

Parcela catastral

– Acordo de incoación de expediente de eliminación de maleza nun terreo sito en Pedraguda-Cabreira

Manuel Queiruga Lorenzo

Polígono 94, parcela 146

– Acordo de incoación de expediente de eliminación de maleza e arborado en Fillaboa-Salvaterra.

Descoñecidos

Polígono 106, parcelas 611, 672, 674 e 675

– Acordo de incoación de expediente de eliminación de malezas e arborado en Grubenla-Cabreira

Descoñecido

Polígono 96, parcela 543

– Acordo de incoación de expediente de eliminación de malezas en Cruceiro-Vilacoba

Rosa Montero Francisco

Polígono 115, parcelas 369, 372 e 374

– Acordo de incoación de expediente de eliminación de malezas e arborado en Codesás-Salvaterra

Descoñecido

Polígono 5, parcela 422

Requírenselle aos propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007; ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento. En todo caso, a contía mínima que se impoña por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Todo iso, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia da persoa interesada, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 21 de maio de 2024

A alcaldesa