DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35403

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Orde de 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024.

Mediante a Orde do 29 de decembro de 2023, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024, establecéronse as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024.

A Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social é o órgano competente para ditar esta resolución segundo o disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 29 de decembro de 2023 e o establecido no artigo 43.1.b) do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O artigo 32 da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802L) establece que o financiamento das axudas previstas nesta orde se realizará con cargo ás aplicacións 44.04.324C.470.9, 44.04.324C.481.9, 44.04.324C.770.9 e 44.04.324C.781.9, código de proxecto 2021 000056.

O artigo 4.3 da Orde do 29 de decembro de 2023 establece que, no caso de existiren remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada aplicación orzamentaria, se poderán reasignar as contías sobrantes para atender as necesidades de crédito.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesaria unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2023, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024, sen variar o orzamento total, do seguinte xeito:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2024

44.04.324C.470.9

290.375,37 €

44.04.324C.481.9

58.213,11 €

44.04.324C.770.9

2.164.624,63 €

44.04.324C.781.9

216.786,89 €

Total

2.730.000 €

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social