DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35405

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Corporación de Radio e Televisión de Galicia, S.A. (O Agro, Labranza e Ferrado e Medio), 2024

Establecer as condicións de colaboración técnica e financeira para o desenvolvemento dos espazos O Agro, Labranza, Ferrado e medio, que emite a Corporación Radio e Televisión de Galicia, á cal lle corresponde o establecemento da liña editorial e a consecuente responsabilidade sobre os contidos emitidos

1.4.2024

75.000,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do grao en Criminoloxía

Realización de prácticas académicas por parte do alumnado do grao en Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela na Dirección Xeral de Defensa do Monte

11.3.2024

Sen achega económica

Prórroga do convenio entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal

Prorrogar por un período dun ano adicional o convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal, con efectos do 1 de maio e vixencia ata o 30 de abril de 2025

3.4.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela para a vixilancia das carrachas vectores de enfermidade humana e animal

Prorrogar o convenio asinado o 18 de xuño de 2021 por un período dun ano adicional, con efectos do 1 de maio do ano 2024 e vixencia ata o 30 de abril do ano 2025

4.4.2024

Sen achega económica