DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35407

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Pontevedra, ano 2024, fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común nos concellos de Forcarei, Vila de Cruces e grupo Sabucedo, na provincia de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos trinta e nove mil catrocentos setenta e dous euros con catorce céntimos (439.472,14 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

2. Resolución do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Ourense, ano 2024, fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común nos concellos de Cualedro, Viana do Bolo e Baltar, na provincia de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos sesenta e dous mil oitocentos trinta e dous euros con quince céntimos (462.832,15 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

3. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Coruña, ano 2024, fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común nos concellos de Lousame e Mañón, na provincia de A Coruña.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 7 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos setenta e dous mil novecentos doce euros con trinta e un céntimos (372.912,31 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

4. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo de apoio na actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. Anualidade 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: soporte técnico e labores de auxilio nos traballos de actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e cinco mil cincuenta e un euros con vinte e nove céntimos (195.051,29 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

5. Resolución do 20 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo de apoio no plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp, Tecia solanivora e Flavescencia dorada da vide) na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no plan de control e erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns douscentos vinte e sete mil douscentos corenta e oito euros con dezaseis céntimos (2.227.248,16 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.712B.640.4 e 14.04.713E.640.1 (códigos de proxectos 2009 00759, 2009 00724 e 2012 00745).

6. Resolución do 20 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo de apoio técnico previo en tarefas relacionadas coa avaliación de impacto ambiental, o seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización. Anualidade 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestar soporte técnico previo á tramitación de expedientes de impacto ambiental, así como en tarefas de apoio no control e seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización dentro das competencias que ten atribuídas o Servizo de Sanidade e de Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e oito mil seiscentos setenta euros con vinte e oito céntimos (58.670,28 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

7. Resolución do 22 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo para a tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia. Anualidade 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: servizos técnicos de apoio na xestión de expedientes de axudas relativos á instalación de agricultores mozos, de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias e de modernización das explotacións agrarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e seis mil cincocentos vinte e catro euros con noventa céntimos (66.524,90 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184).

8. Resolución do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a xestión do servizo dun matadoiro móbil na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: servizo de sacrificio de animais das especies ovina, cabrúa e porcina mediante unidade móbil.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de setecentos noventa e sete mil seiscentos noventa e nove euros con dezaseis céntimos (797.699,16 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713C.640.1 (código de proxecto 2020 00054).

9. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Lugo, ano 2024, fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común nos concellos das Nogais, Cervantes, Sarria e Triacastela, na provincia de Lugo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos trece mil trescentos trinta e dous euros con corenta e catro céntimos (913.332,44 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

10. Resolución do 20 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o servizo de cría do parasitoide Tamarixia dryi para o control biolóxico da praga producida pola psila africana Trioza erytreae. Anualidade 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: continuar coa produción a grande escala do parasitoide para subministrar regularmente individuos de Tamarixia para súa solta no territorio con presenza de cítricos afectados pola Trioza erytreae.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e un mil trescentos trinta e cinco euros con oitenta e oito céntimos (121.335,88 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

11. Resolución do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a realización dos programas de sanidade e produción animal 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: xestión dos traballos dos programas de Sanidade e Produción Animal en Galicia durante o ano 2024. A Consellería do Medio Rural ten entre os seus obxectivos a execución e seguimento dos programas de prevención, loita, erradicación, seguimento e control de enfermidades animais, epizootías e zoonoses, e outras medidas para o establecemento de garantías sanitarias e da rastrexabilidade das producións gandeiras, así como o desenvolvemento das accións necesarias para a ordenación, fomento e control da produción e sanidade gandeira, e a xestión e correcta explotación dos rexistros e sistemas de control de datos informáticos derivados destas actuacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de oito millóns cento vinte mil catrocentos cincuenta e cinco euros con vinte e un céntimos (8.120.455,21 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E.640.1 (código de proxecto 2010 00977).

12. Resolución do 20 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo de apoio á Secretaría Xeral Técnica na análise e procesado da información relativa á xestión dos fondos MRR asociados ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio á Secretaría Xeral Técnica na coordinación dos fondos MRR e soporte á elaboración dos informes de xestión; soporte aos órganos executores no cumprimento dos principios transversais e seguimento dos fondos MRR; soporte á alimentación e supervisión da información nas aplicacións informáticas habilitadas para a xestión dos fondos MRR e outras tarefas de apoio vinculadas á resposta de consultas dos órganos executores e entidades externas á Consellería.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e seis mil setecentos doce euros con noventa e sete céntimos (36.712,97 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.1 (código de proxecto 2014 00616).

13. Resolución do 20 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo para a revisión e actualización do Rexistro Vitícola de Galicia (Reviga). Anualidade 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: delimitación gráfica actualizada e precisa do viñedo, depuración e actualización da base de datos do Reviga, tanto das parcelas como dos titulares das explotacións, labores técnicos auxiliares tales como traballos de edición con software de SIX/teledetección sobre estación de traballo gráfica e determinación dun modelo para revisión e actualización continua da información.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos corenta e oito mil trescentos setenta e un euros con tres céntimos (648.371,03 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

14. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de seguimento e control na zona de demarcada entre 1,5 e 20 km e zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus xylophilus no territorio declarado en corentena nas provincias de Pontevedra e Ourense para o ano 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos para a erradicación do nematodo do piñeiro en pés sintomáticos, o que dá continuidade ás actuacións que se veñen realizando desde o ano 2010 na zona demarcada mediante apeo e corta de árbores, retirada de restos vexetais e aplicación de produtos fitosanitarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón noventa e nove mil novecentos noventa e tres euros con trinta e dous céntimos (1.099.993,32 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.712B.640.4 e 14.04.713E.604.1 (códigos de proxectos 2009 00759 e 2012 00745).

15. Resolución do 29 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo de apoio na certificación forestal sostible no ano 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico na tramitación dos procedementos de certificación forestal en montes de xestión pública para acadar a certificación forestal das superficies xestionadas de acordo cos estándares en materia de xestión forestal sustentable.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de marzo de 2024 ata o 30 de novembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e catro mil trescentos once euros con setenta e un céntimos (74.311,71 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2011 00977).

16. Resolución do 26 de febreiro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) o servizo técnico para actividades auxiliares no control e seguimento da documentación derivada da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024.

– Actividade: traballos auxiliares de apoio no control da documentación de solicitudes e xustificación dos investimentos derivados da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragasatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e sete mil novecentos trinta e dous euros con cincuenta e un céntimos (37.932,51 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural