DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35418

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a mellora de accesos ao barrio de Bidueiras desde Vilar de Santiago, nos concellos de Mondoñedo e Riotorto, provincia de Lugo. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de dous camiños de titularidade municipal mediante actuacións de limpeza de foxos, superficie, regularización con MBQ, colocación de 11,00 m de levada de formigón prefabricado, execución de 43,00 m de foxo revestido de formigón armado e colocación de catro pasos de auga.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e sete mil catrocentos corenta e seis euros con cincuenta céntimos (147.446,50 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

2. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a rexeneración do camiño de Torre a San Mamede, no concello do Páramo, provincia de Lugo. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de 8 camiños de titularidade municipal mediante a limpeza de gabias, varrido de superficie, reparación de fochas con macádam.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e tres mil cento trinta e catro euros con vinte e un céntimos (53.134,21 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

3. Resolución do 26 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a mellora de camiño municipal na parroquia de Seteventos, nos concellos de Pantón e O Saviñao, provincia de Lugo. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora dun camiño de titularidade municipal, cunha lonxitude de 3.610,00 m, mediante actuacións de limpeza de gabias, varrido da superficie e posterior asfaltado con MBQ logo de rega de adherencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento dezaseis mil setecentos euros con corenta e dous céntimos (116.700,42 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

4. Resolución do 29 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización da obra de demolición e reposición de cuberta e carpintaría exterior dun edificio do viveiro forestal de Sambreixo, Guitiriz, provincia de Lugo. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: demolición da cuberta e carpintaría exteriores para a súa reposición con lousa natural recortada, entaboado e enrastrelado con madeira, colocación de canalón e baixante, illante térmico, instalación de ventás de aluminio e dúas portas de acceso.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación e ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e catro mil novecentos noventa e seis euros con vinte e cinco céntimos (74.996,25 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.632.1 (código de proxecto 2023 00157).

5. Resolución do 15 de marzo de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a rexeneración do firme no camiño da Armada, no concello de Xinzo de Limia, provincia de Ourense.

– Actividade: rexeneración e ampliación do firme dun tramo do camiño da Armada no concello de Xinzo de Limia (Ourense), cunha lonxitude de actuación de 1.100 m mediante traballos previos sobre os pavimentos existentes, ensanche, pavimentación, instalación da nova rede de sumidoiros e da sinalización horizontal e vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos vinte e un mil cincocentos trinta e catro euros con oitenta e sete céntimos (321.534,87 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 1 de abril de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o control das principais pragas e enfermidades nas masas forestais en Galicia, para os anos 2024, 2025 e 2026, cofinanciada con Fondos Feader 2023-2027, dentro do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España.

– Actividade: execución das accións necesarias sobre as masas forestais galegas mediante o estudo, o seguimento e o tratamento das principais pragas e enfermidades. Para isto, a actual Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal encargará a realización de tratamentos fitosanitarios contra pragas e enfermidades en masas forestais frondosas e coníferas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á sinatura da orde de execución ata o 31 de decembro de 2026.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón novecentos oitenta e sete mil catrocentos noventa e nove euros con sesenta e catro céntimos (1.987.499,64 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00112).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural