DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2023/448-1).

Expediente: IN407A 2023/448-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: adecuación CT Trasanquelos (15C757) para substitución de celas MT.

Concello: Oza-Cesuras.

Feitos:

1. O día 16.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de adecuar o centro de transformación CT Trasanquelos (15C757, expediente 50.783) de 160 kVA de potencia, alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT CES705, procedente da subestación Cesuras, situado no lugar de Trasanquelos, concello de Oza-Cesuras, por mor do mal estado da súa aparellaxe de tipo convencional e polo fin da súa vida útil, proxéctase a súa substitución por un de tipo compacto no mesmo local de tipo caseta alta onde está instalado actualmente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado adecuación CT Trasanquelos (15C757) para a substitución de celas MT, asinado o día 24.1.2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Oza-Cesuras como entidade afectada. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido.

4. O día 2.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Trasanquelos, concello de Oza-Cesuras, e as súas características técnicas son as seguintes:

Reforma do CT Trasanquelos (15C757, expediente 50.783) de 160 kVA alimentado pola LMT CES705, procedente da subestación Cesuras, consistente en:

– Novo centro de transformación compacto sen envolvente telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L+1P de 160 kVA/15 kV no interior do edificio da caseta alta actual. Proxéctase instalación de telecontrol na cela de saída para instalar.

– Adecuación da obra civil interior da anterior para albergar a aparellaxe que se proxecta (bancada, canalóns e devasa recollida de aceite).

– Substitución da porta de acceso actual por unha nova en que se integran as reixas para a ventilación do centro.

– Desmontaxe da aparellaxe existente constituída por celas convencionais, trafo e cadro de BT.

– Interconexión das liñas actuais de alimentación en media tensión subterránea que realizan E/S nas novas celas.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña