DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35251

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).

O Estatuto de autonomía de Galicia no artigo 27.23 atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, no seu ámbito territorial, a execución das medidas impostas polos xulgados de menores nas súas resolucións firmes para o que levará a cabo a creación, dirección, organización e xestión dos servizos, institucións e programas axeitados para garantir a correcta execución das medidas previstas nesa lei.

Así mesmo, o punto 3 do artigo 45 da dita Lei orgánica 5/2000 dispón que as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta y Melilla poderán establecer os convenios e acordos de colaboración necesarios con outras entidades, ben sexan públicas, da Administración do Estado, local ou doutras comunidades autónomas, ou privadas sin ánimo de lucro, para a execución das medidas de su competencia, baixo a sua directa supervisión, sen que iso supoña en ningún caso a cesión da titularidade e responsabilidade derivada da dita execución.

Neste sentido, de conformidade co Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, atribúese ao dito órgano, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a execución das medidas ditadas polos xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro.

A atención residencial e a intervención educativa integral para persoas menores infractoras está prevista no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 2.5 do anexo desta norma denomínase «servizo de persoas menores infractoras».

Á vista das habilitacións normativas anteriores, nos últimos anos o programa de atención residencial e de intervención educativa integral con persoas menores con medidas xudiciais de internamento veuse desenvolvendo a través de convenios de colaboración. Non obstante, a habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola entidade pública de protección á infancia e á adolescencia de Galicia.

Este proxecto será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade, con cargo á aplicación orzamentaria 38.02.312B.228 que figura na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na que existe crédito axeitado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do antedito decreto, a resolución do procedemento BS213R do presente concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña (código de procedemento BS213R), que se xunta á presente resolución no anexo I e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO I

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

De conformidade co Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, atribúese ao dito órgano, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a execución das medidas ditadas por xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Este concerto social pretende dar continuidade na Comunidade Autónoma de Galicia á execución de medidas xudiciais de internamento previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, que se veñen levando a cabo no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto de concerto é levar a cabo unha atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña. Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co disposto na letra n) do número 2 do artigo 56 da citada lei e no artigo 34 do regulamento da dita lei orgánica, aprobado polo Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo.

No marco do disposto na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, así como na Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, o termo «persoa menor» entenderase extensivo á totalidade daquelas persoas ás que lles sexa aplicable algunha medida derivada da dita Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, independentemente de que alcanzasen ou non a maioría de idade no momento da execución, de acordo ao uso que do dito termo se dá na antedita lei.

B.1. A prestación do servizo para o desenvolvemento de programas e recursos destinados á execución de medidas xudiciais de internamento impostas polos xulgados de menores e dos programas educativos que as desenvolven, garantirá a execución das seguintes medidas:

a) Internamento en réxime aberto, semiaberto ou pechado, tanto preventivas como firmes.

b) Permanencia de fin de semana no centro.

B.2. As necesidades que se tratan de satisfacer a través do concerto son as seguintes:

a) Dar cumprimento ás medidas xudiciais privativas de liberdade impostas polos xulgados de menores, incluídas as obrigas que, de xeito accesorio, a/o xuíza/xuíz asocie ao período de efectivo internamento.

b) Proporcionar unha atención residencial integral e continuada ás persoas menores internadas, que dea cobertura ás necesidades de alimentación, lavandaría, limpeza e mantemento das instalacións, de xeito que se asegure unha atención residencial de calidade.

c) Levar a cabo unha intervención educativa integral dirixida á súa inserción social.

d) Garantir a vixilancia no centro.

e) Garantir a saúde das persoas menores e facilitar a atención sanitaria nos supostos previstos na normativa aplicable.

f) Garantir os dereitos dos menores internados recoñecidos no artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro.

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 11.431.017,97 €, no período 2024-2028. Este importe será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade con cargo á aplicación orzamentaria 38.02.312B.228 que figura na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na que existe crédito axeitado e suficiente.

D.2. Distribución en anualidades:

Distribución de anualidades Centro Concepción Arenal

2024 (4 meses)

2025

2026

2027

2028 (8 meses)

Total

Total (sen IVE)

951.073,06 €

2.853.219,17 €

2.859.179,76 €

2.860.527,59 €

1.907.018,39 €

11.431.017,97 €

Posibles prórrogas

2028 (4 meses)

2029

2030

2031

2032 (8 meses)

Total

Total (sen IVE)

953.509,20 €

2.860.527,59 €

2.860.527,59 €

2.860.527,59 €

1.907.018,39 €

11.442.110,37 €

Posibles modificación-anualidades (20 %)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

20 %

190.214,61 €

570.643,83 €

571.835,95 €

572.105,52 €

381.403,68 €

2.286.203,59 €

Posibles modificacións-prórrogas (20 %)

2028

2029

2030

2031

2032

Total

20 %

190.701,84 €

572.105,52 €

572.105,52 €

572.105,52 €

381.403,68 €

2.288.422,07 €

Valor estimado: total anualidades + posibles prórrogas + posibles modificacións (20 %)

Total anualidades 2024-2028

11.431.017,97 €

Total prórrogas anualidades 2028-2032

11.442.110,37 €

Total modificacións (20 %) das anualidades 2024-2028

2.286.203,59 €

Total modificacións (20 %) das anualidades 2028-2032

2.288.422,07 €

Valor estimado

27.447.754,00 €

D.3. Prezo.

O prezo que a Consellería de Política e Igualdade aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto concrétase para un único lote segundo o seguinte prezo por praza e día:

Centro

Prazas

Prezo/praza día

Centro de reeducación de Concepción Arenal

35

226,85 €

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social terá vixencia desde a súa formalización (prevista desde o 1.9.2024) ata o 31.8.2028, con posibilidade das prórrogas sinaladas no artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en caso de existir crédito adecuado e suficiente.

De acordo co dito precepto, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois da resolución deste concerto social, o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto, sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

Non obstante, e de acordo co sinalado no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que resulta de aplicación supletoria ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, cando, ao vencer un concerto, non se formalice o novo instrumento que garanta a continuidade do servizo como consecuencia de incidencias imprevisibles para la Administración concertante producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o concerto orixinario ata que comece a execución do novo concerto e, en todo caso, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do concerto, sempre que a nova resolución de convocatoria do concerto sexa publicada cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do concerto orixinario.

F) Entidades beneficiarias.

F.1. Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 2.860.000,00 euros anuais.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior a 2.860.000,00 euros anuais.

A súa acreditación efectuarase por medio de:

1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador na que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar de ser requirida.

– Un certificado expedido pola aseguradora, na que consten os importes e riscos asegurados e data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

– Se é o caso, copia das súas contas anuais e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade estivese inscrita no dito rexistro. En caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.2) Solvencia técnica e profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite o seguinte requisito:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións) cuxos importes acumulados (sen IVE) no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do concerto social, sendo este de 2.287.000,00 euros.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais, e de responsabilidade civil e de accidentes).

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicional da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación numerada e ordenada de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira, técnica e profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia se derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo IV da resolución da convocatoria.

O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación».

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa para cada centro coa estrutura e os contidos mínimos determinados no punto 1.4 da cláusula Q. No dito proxecto incluiranse, de ser o caso, os programas que a maiores presente a entidade para a súa valoración.

e.2) Memoria na que se indiquen os recursos humanos e materiais cos que contará o a entidade en cada centro para a execución das medidas de acordo co previsto na cláusula Q.

Na dita memoria figurarán así mesmo, se é o caso, os medios materiais e persoais que a maiores presente a entidade en cada centro para a súa valoración, con indicación nestes últimos do número de horas anuais que prestará cada profesional.

e.3) Plan de formación continua do persoal co contido indicado no punto Q.4.

e.4) Memoria descritiva dos proxectos de investigación nos que participe a entidade, relacionados coa intervención educativa que se leva a cabo no centro para o cumprimento de medidas privativas de liberdade, avalados por universidades e outros organismos públicos de investigación, se é o caso.

e.5) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade e/o do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado este último polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.6) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da infancia e da adolescencia. No caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable, que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais, accidentes e de responsabilidade civil).

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) DNI/NIE do persoal adscrito ao servizo.

g) Inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

h) Inexistencia de antecedentes penais por delictos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Inexistencia de antecedentes penais por delictos de trata de seres humanos do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Verificación de títulos oficiais non universitarios do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

k) Verificación de títulos oficiais universitarios do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

l) Resolución de recoñecemento da Marca galega de excelencia en igualdade.

I.2. Os requisitos das alíneas a), d), e e) da cláusula F) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social.

No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

J) Órganos competentes par a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución.

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación, seleccionando a entidade prestadora do servizo, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración.

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Igualdade.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe no que figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, propoñendo para a execución do concerto á entidade que reúna maior puntuación en cada lote.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III-Documentación que deberá presentar a entidade adxudicataria.

– Anexo IV-Relación de persoal adscrito ao servizo, detallando os datos que non se achegaron coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo IV-bis-Consentimento individualizado de comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria.

– Anexo V-Datos do persoal para subrogar.

– Documentación que acredite a formación do persoal asignado ao proxecto.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira, técnica e profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición para o centro dos seguros que se mencionan a seguir:

1º. Seguro que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, instalacións ou bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.

2º. Seguro de responsabilidade civil que cubra:

a) Os danos que puidese sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento do centro ou instalacións nos que se leva a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral.

b) Os danos que puidesen ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polos/as profesionais e, en xeral, por calquera persoa dependente do centro ou entidade, incluídos os actos derivados de actividades relacionadas coa actividade concertada, realizadas por calquera das persoas anteriormente citadas, tanto dentro como fóra das instalacións.

c) Os danos que puidesen ser causados a terceiras persoas e aos seus bens polas persoas menores atendidas, tanto dentro como fóra das instalacións.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 300.000,00 € por sinistro e por anualidade.

3º. Seguro de accidentes de menores residentes no centro, causados tanto no interior do centro e instalacións anexas, como nos desprazamentos e actividades realizadas no exterior do centro.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 20.000,00 € por persoa por falecemento e 50.000,00 € por invalidez permanente, incluír a asistencia médica ilimitada e cubrir os gastos sanitarios e de enterramento.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización, e cada vez que se renove a póliza.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no punto S.1 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto.

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo, co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en virtude da delegación contemplada no artigo 19.2 do citado Decreto 229/2020.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coas súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

K.4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando por causas imputables á entidade concertada non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de terse constituído.

K.4.6. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase á entidade polos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

M.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

M.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

M.8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como a Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. No seu defecto, para resolver as lagoas e dúbidas que puidesen presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas respecto da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e poñerán os seus acordos fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución fose expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este fose expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outras posibles persoas interesadas, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Criterios para a selección de entidade adxudicataria.

Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

O.1.1. Calidade da asistencia e intervención proposta, ata 60 puntos, segundo a seguinte desagregación:

a) Calidade do Proxecto de intervención educativa do centro ata 30 puntos, desagregado nos seguintes puntos:

1º. Coherencia entre a problemática e necesidades das persoas menores atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía e actividades propostos. Ata 10 puntos.

2º. Calidade dos distintos sistemas de avaliación da intervención propostos no proxecto educativo para a avaliación dos programas, actividades, fases da intervención e do propio proxecto educativo. Ata 10 puntos.

3º. Detalle dos protocolos de actuación exixidos Ata 10 puntos.

b) Adecuación do plan de formación do persoal do centro ás características da intervención, ata 10 puntos. Só se valorarán as actividades formativas que teñan carácter obrigatorio.

c) Oferta de programas que se van desenvolver no centro non previstos no punto Q.1.7 ata 5 puntos. Valoraranse cada un dos programas adicionais ofertados cun máximo de 1,25 puntos, en atención aos seguintes criterios:

1º. Coherencia cos programas e actuacións exixidas e relevancia da intervención, ata 0,65 puntos.

2º. Innovación, ata 0,30 puntos.

3º. Extensión da súa aplicabilidade á integración social e laboral dos menores, a través da creación de redes de apoio alleas ao centro: ata 0,30 puntos.

d) Oferta de proxectos de investigación nos que participe a entidade relacionados coa intervención educativa que se leva a cabo no centro para o cumprimento de medidas privativas de liberdade, participados ou promovidos pola entidade e avalados polas universidades e outros organismos ou entidades públicas de investigación, que se están a desenvolver na actualidade ou se levaron a cabo nos últimos cinco anos, ata 5 puntos. Cada proxecto valorarase cun máximo de 1,25 puntos, en atención aos seguintes criterios:

1º. Relevancia do proxecto de investigación, ata 0,55 puntos.

2º. Innovación, ata 0,35 puntos.

3º. Impacto do proxecto, ata 0,35 puntos.

e) Oferta de equipamentos non previstos no punto Q.2 ou en número superior ao exixido, ata 10 puntos, desagregado nos seguintes puntos:

1º. Equipamentos informáticos postos á disposición dos menores, ata 4 puntos, ata 0,25 puntos por equipamento. Valoraranse tendo en conta as súas características técnicas e antigüidade.

2º. Vehículos (só se valorará un vehículo a maiores), ata 4 puntos. Valoraranse tendo en conta o modelo e o ano de matriculación do vehículo, outorgando unha valoración maior canto menor sexa a antigüidade.

3º. Equipamentos de ocio e tempo libre non estritamente necesarios para a intervención educativa que se valorarán polo seu contido educativo, polo fomento da socialización e da promoción da actividade física, ata 2 puntos.

O.1.2. Experiencia profesional da entidade acreditada en programas de intervención dirixidos a menores que se atopen baixo unha medida de protección por parte da Administración pública ou que deban cumprir medidas xudiciais, ata 30 puntos.

Valorarase a traxectoria e a experiencia en atención aos seguintes criterios:

a) En relación coas medidas derivadas da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, por cada ano de experiencia profesional acreditada en xestión de centros de execución de medidas privativas de liberdade, 1,8 puntos (ata un máximo de 18 puntos).

b) En relación coas medidas derivadas da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, por cada ano de experiencia profesional acreditada en xestión de centros de execución de medidas non privativas de liberdade, 0,9 puntos (ata un máximo de 9 puntos).

c) Por cada ano de experiencia profesional acreditada en programas de intervención dirixidos a menores que se atopen baixo unha medida de protección, 0,3 puntos (ata un máximo de 3 puntos).

O.1.3. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e corresponsabilidade, ata 10 puntos, de acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

a) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente, 4 puntos.

b) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente, 4 puntos.

c) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou equivalente, 2 puntos.

Empregarase como criterio de desempate un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1 a) e o Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias entidades se atopen nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirector/a xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector/a xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe/a do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Xefe/a do Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia

Psicólogo/a da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Pedagogo/a da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Psicólogo/a a Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Psicólogo/a da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Secretaría

Xefe/a de Sección da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Xefe/a de Sección da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

P.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor a través da Comisión de Valoración poderá solicitarlles as persoas interesadas cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento, e en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os que se incluirá en todo caso un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e recursos materiais e humanos para a prestación do servizo.

Q.1. Condicións técnicas.

Q.1.1. Persoas atendidas polo servizo.

Poderán ser atendidas por este servizo as persoas menores que teñan que cumprir unha medida xudicial de internamento, das recollidas no punto B) deste anexo, imposta polos xulgado de menores en virtude da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña.

Q.1.2. Dereitos e deberes da persoa menor garantidos na intervención.

A persoa menor que execute unha medida xudicial nun centro de internamento ten dereito a que se lle respecte a súa propia personalidade, a súa liberdade ideolóxica e relixiosa e os dereitos e intereses lexítimos recoñecidos pola lexislación vixente que non estean afectados polo contido da medida, especialmente os inherentes á minoría de idade civil, cando sexa o caso.

Especificamente recoñécenselle os dereitos recollidos no artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

De igual xeito, a persoa menor interna terá os deberes que se recollen no artigo 57 da dita lei.

A persoa menor recibirá no momento do seu ingreso información escrita nun idioma que entenda sobre estes puntos así como sobre o réxime de internamento no que se atopa, as cuestións de organización xeral, as normas de funcionamento do centro, as normas disciplinarias e os medios para formular peticións, queixas e recursos. Tamén será informada da existencia do procedemento habeas corpus e dos supostos nos que pode instalo. Se ten dificultades para entender o contido desta información, explicaráselle por outro medio axeitado.

Q.1.3. A Atención residencial.

A atención residencial garantirá, nun marco vivencial axeitado á idade e condición das persoas menores internas, a adecuada cobertura das súas necesidades básicas: aloxamento, alimentación, vestiario, aseo e traslados.

Tamén proporcionará a vixilancia e seguridade interior necesaria para asegurar o adecuado cumprimento da medida de privación de liberdade de acordo co previsto a este respecto no regulamento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, aprobado polo Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo.

Q.1.4. A intervención educativa.

Q.1.4.1. Xeneralidades.

A intervención educativa que se realice coa persoa menor en execución da medida xudicial que lle for imposta seguirá, en todo caso, o establecido na parte dispositiva/fallo da sentenza. Así mesmo, será integral e incorporará a perspectiva de xénero, e deberá abarcar tanto a dimensión persoal como a familiar e social.

Q.1.4.2. Obxectivo principal.

A intervención educativa terá como obxectivo principal a reinserción social da persoa menor, para o cal se perseguirá que esta:

• Asuma as consecuencias da comisión do ilícito penal e se responsabilice do cumprimento da medida.

• Tome conciencia cívica dos seus dereitos e deberes e saiba respectar os dereitos e liberdades das outras persoas.

• Potencie as actitudes e adquira as competencias e habilidades que beneficien o seu desenvolvemento integral e lle permitan exercer unha cidadanía plena.

Q.1.4.3. Principios xerais.

A intervención educativa responderá na súa formulación e desenvolvemento aos seguintes principios xerais:

a) O superior interese da persoa menor sobre calquera outro interese concorrente.

b) O respecto ao libre desenvolvemento da súa personalidade.

c) A información dos dereitos que lle corresponden e a asistencia necesaria para o seu exercicio.

d) A aplicación de programas fundamentalmente educativos que fomenten o sentido da responsabilidade e o respecto polos dereitos e liberdades das outras persoas.

e) A adecuación das actuacións á súa idade, personalidade, xénero e circunstancias persoais e sociais.

f) A prioridade das actuacións na propia contorna familiar e social sempre que non sexa prexudicial para o seu interese. Utilización preferente dos recursos normalizados do ámbito comunitario.

g) O fomento da colaboración das nais e pais ou persoas que teñan a representación legal durante a execución das medidas.

h) O carácter preferentemente interdisciplinar na toma de decisións que afecten ou poidan afectar a persoa menor.

i) A confidencialidade, a reserva oportuna e a ausencia de inxerencias innecesarias na vida privada das e dos menores e das súas familias.

j) A coordinación de actuacións e a colaboración con outros organismos, especialmente cos que teñan competencias en materia de educación e sanidade.

k) O carácter socializador e a prevalencia da función social e psicopedagóxica na execución e contido das medidas.

Q.1.4.4 A intervención educativa na execución das medidas de permanencia de fin de semana en centro.

A intervención educativa que se realice coa persoa menor en execución da medida xudicial de permanencia de fin que semana en centro que lle for imposta seguirá, en todo caso, o establecido na sentenza. O programa individualizado de execución proporá a realización de tarefas de carácter formativo, cultural ou educativo.

Q.1.4.5. A acción titorial.

Unha das funcións máis relevantes do persoal educador social en canto á atención do proceso evolutivo individual da persoa menor é exercer a súa titoría. O/a titor/a será a persoa referente principal de cada persoa menor desde o seu ingreso ata a saída do centro e axudaraa a situarse nese novo espazo, descoñecido para ela, constituíndo o punto de apoio fundamental no seu proceso de adaptación e durante todo o período de internamento. Tamén será a persoa responsable da elaboración e seguimento do seu PIEM e da elaboración dos correspondentes informes.

Q.1.4.6. Estrutura e contidos mínimos do proxecto de intervención educativa de centro:

O proxecto de intervención educativa terá a seguinte estrutura e contidos mínimos:

a) Marco legal.

b) Descrición do centro:

1º. Datos identificativos.

2º. Situación xeográfica.

3º. Tipoloxía de centro.

4º. Recursos do centro que comprende as infraestruturas, humanos, materiais, financeiros.

5º. Recursos da contorna.

c) Características da poboación atendida.

d) Áreas de intervención:

1ª. Psicolóxica.

2ª. Saúde.

3ª. Escolar.

4ª. Formación, orientación e inserción laboral.

5ª. Lecer e tempo libre.

6ª. Convivencia e relacións coa contorna social.

7ª. Familiar.

e) Obxectivos por áreas de intervención.

f) Contidos e programas socioeducativos por áreas de intervención:

1º. Programas recollidos no punto 1.8 da cláusula Q.

2º. Programas, a maiores dos establecidos no punto 1.8 da cláusula Q, que vaian ser desenvolvidos pola entidade.

Para cada programa describirase a súa fundamentación, obxectivos xerais e específicos, contidos, actividades, temporalización, metodoloxía e avaliación cuantitativa e cualitativa tanto do programa como de cada unha das actividades que o compoñen.

g) Metodoloxía da intervención que comprende a organización da vida diaria, grupos de separación, fases educativas de progresión e regresión, sistema de bonificacións, entre outras.

h) Organización e funcionamento do centro:

1º. Descrición e funcións do persoal, dos órganos de goberno e xestión, asi como doutros equipos de traballo que se poidan constituír no centro.

2º. Organización do persoal e normas de funcionamento dos órganos de goberno e xestión e do resto de equipos de traballo.

3º. Descrición do sistema de relacións e coordinación coas familias, recursos comunitarios, xulgados, fiscalías e entidade pública.

4º. Protocolos:

4º.1. Protocolos de actuación para cada fase da intervención.

4º.2. Protocolo de actuación para asegurar a integridade física e psíquica da persoa menor en situacións que sexa necesario usar medios de contención.

4º.3. Protocolo para a intervención en situación de crise. Entenderase por situacións de crise as seguintes:

– Agresións, ameazas ou coaccións graves.

– Motíns, plantes ou desordes colectivos.

– Evasións ou intentos de evasión dos centros.

– Resistencia activa e grave ao cumprimento das ordes.

– Introdución ou posesión de armas ou instrumentos materiais que poidan ser utilizados para causar danos ás persoas.

– Deterioración deliberada e grave das instalacións.

4º.4. Protocolo para prevención de suicidios, incorporando a perspectiva de xénero e a diversidade sexual.

4º.5. Protocolo para a indagación da violencia e o abuso sexual sufrido, co obxecto de poder dar unha resposta terapéutica e de protección.

4º.6. Protocolo de detección e prevención do acoso, abuso ou calquera outro tipo de violencia, que incorpore a perspectiva de xénero.

i) Sistema de seguimento e avaliación da intervención educativa nas distintas fases.

j) Sistema de avaliación do proxecto educativo que comprende obxectivos, temporalización, instrumentos, criterios e indicadores.

Q.1.5. Fases da Intervención.

A intervención organizarase, cando menos, nas seguintes fases:

a) Fase de acollida, valoración diagnóstica e elaboración do programa individualizado de execución da medida.

b) Fase de desenvolvemento e seguimento da intervención.

c) Fase de preparación da liberdade vixiada (2º período da medida de internamento) e avaliación da intervención.

Q.1.6. Metodoloxía.

A metodoloxía fundamentarase, con carácter xeral, nos seguintes principios:

a) Contextualización-normalización: a intervención realizarase, sempre que sexa posible, na contorna social da persoa menor e usando os distintos profesionais das redes sociosanitarias normalizadas e especializadas.

b) Individualización: as circunstancias e características individuais, familiares e sociais deben tratarse e executarse para cada menor.

c) Perspectiva de xénero: realizarase unha intervención que teña en conta o xénero no proceso de conformación da identidade que permita recoñecer os factores de risco e protección asociados a esta variable e a considere como factor de desenvolvemento e integración social.

d) Potenciación: a intervención terá en conta as necesidades e carencias da persoa menor co obxecto de fomentar a súa autonomía e madurez persoal e de superar os seus déficits formativos, culturais e de habilidades sociais e persoais.

e) Integración: considerarase a persoa menor dunha forma integrada para lograr o arraigo e inclusión na súa realidade social.

f) Orientación: a intervención proporcionará axuda técnica e humana á persoa menor, dotándoa de ferramentas para manexar e superar as súas dificultades e conflitos.

En todo caso, a metodoloxía dos distintos programas e actividades que se desenvolvan para a intervención educativa integral será:

a) Comprensiva e guiada, de tal xeito que a persoa menor entenda tanto os contidos coma o procedemento que se vai traballar.

b) Integradora, relacionando as diversas aprendizaxes de contidos de diferentes áreas que formen parte dunha mesma realidade.

c) Participativa, baseándose na motivación da persoa menor, no fomento da súa iniciativa e da súa implicación no desenvolvemento das actividades.

d) Grupal e cooperativa, perseguindo o desenvolvemento, a cohesión e a vivencia do sentimento de colaboración e equipo naquelas actividades que se realicen en grupo.

e) Dinámica, incorporando novos recursos materiais, especialmente os relacionados cos medios audiovisuais e as tecnoloxías da información e comunicación (TIC).

f) Progresiva, partindo da situación inicial da persoa menor iranse propoñendo actividades que supoñan unha maior dificultade, implicación e responsabilidade.

g) Reflexiva e de análise, facilitando que a persoa menor poida aplicar os coñecementos, actitudes e competencias técnicas e instrumentais que melloren a súa posición persoal e participación social.

Q.1.7. Programas que vai desenvolver a entidade.

A intervención educativa no centro de internamento supón o desenvolvemento, cando menos e sen prexuízo de calquera outro que incida no desenvolvemento persoal e social do/a menor, dos seguintes programas socioeducativos:

a) De competencia social.

b) De educación en valores.

c) De promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero.

d) De aprendizaxe e apoio escolar.

e) De tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e do seu uso seguro e responsable.

f) De educación para a saúde.

g) De educación e seguridade viaria.

h) De educación afectivo-sexual.

i) De motivación, formación e orientación para a inserción laboral.

j) De educación ambiental.

k) De ocio e tempo libre.

l) De intervención familiar.

m) De axuda psicolóxica e autoapoio: desenvolvemento da intelixencia emocional.

n) De detección e avaliación do risco de reincidencia.

ñ) De maternidade-paternidade responsable.

o) De atención específica e de loita contra os abusos sexuais das persoas menores e a pornografía infantil.

p) De prevención e tratamento do consumo de drogas e outras adiccións.

q) De atención a persoas menores maltratadoras e ás súas familias.

r) De control da agresividade e a violencia.

s) De tratamento de agresores sexuais.

Os programas incluídos nos puntos que van do a) ao o) serán de aplicación a todas as persoas menores internas no centro. Cando a temática sobre a que inciden sexa susceptible de agruparse nun só, poderá facerse sempre que previamente así se recolla e xustifique no proxecto educativo do centro.

O programa de prevención e tratamento do consumo de drogas e outras adiccións, na parte que aborda a prevención, será de aplicación a todas as persoas internas. A parte relativa ao tratamento será de aplicación a aqueles que xa teñan a problemática.

Os tres últimos programas recollidos nos puntos q), r) e s) aplicaranse ás persoas menores que teñan a problemática neles abordada.

Q.2. Recursos materiais.

Para levar a cabo a execución das medidas xudiciais, a Xunta de Galicia cederá o uso á entidade seleccionada coa que se formalice o instrumento convencional do seguinte inmoble: centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña por un período de tempo igual á duración do concerto e das súas posibles prórrogas.

A cesión de uso dos bens inmobles así como dos bens mobles dos que dispón o centro axustarase ao establecido na Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Entenderase outorgada, en todo caso, coa limitación do dereito de propiedade e sen prexuízo de dereitos de terceiras persoas.

A utilización do centro pola entidade adxudicataria terá un mero carácter instrumental para a execución da actividade concertada e queda circunscrita á súa vixencia, sen que se poida alegar dereito ningún, nin usarse para outro fin distinto do previsto.

O equipamento e os bens mobles dos que dispón o centro estarán identificados e relacionados con carácter de inventario no prego técnico, que se asinará xunto coa formalización deste e será parte del.

Todos os recursos materiais, tanto os cedidos como os mínimos exixidos e como os ofertados a maiores, deben estar sempre en perfecto estado de uso, debendo ser substituídos por outros cando sexa preciso, logo da comunicación á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da dirección xeral competente en materia de familia, infancia e dinamización demográfica. En ningún caso poderán ser substituídos por outros de características técnicas e valor inferiores.

En todo caso, a maiores dos cedidos pola Xunta de Galicia, a entidade deberá contar cos seguintes recursos materiais para o centro:

– Os materiais necesarios para levar a cabo a actividade, tanto os funxibles como os inventariables que non estivesen incluídos no inventario ou estivesen en cantidade insuficiente.

– Un vehículo, cun mínimo de nove prazas, para os traslados das persoas menores internas ás distintas actividades que se realicen fóra do centro. O dito vehículo poderá ser substituído por dous de cinco prazas cada un.

– Conexión á internet.

– Doce equipos informáticos e dúas impresoras para uso exclusivo das persoas menores internas.

Todos os recursos materiais ofertados (tanto os mínimos exixidos como os ofertados a maiores) deben estar sempre en perfecto estado de uso, debendo ser substituídos por outros cando sexa preciso, logo da comunicación á Consellería de Política Social e Igualdade a través da dirección xeral competente en materia de familia, infancia e dinamización demográfica. En ningún caso poderán ser substituídos por outros de características técnicas e valor inferiores.

No caso de que o concerto social se formalice cunha entidade distinta da que viña prestando o servizo e se considere preciso, a entidade saínte non poderá retirar do centro os recursos materiais da súa propiedade ata transcorridos 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da formalización do concerto social.

A utilización destes recursos implicará o aboamento por parte da entidade concertada, á entidade saínte, dos custos correspondentes aos bens consumidos, de acordo co correspondente inventario.

Q.3. Recursos humanos.

Q.3.1. Perfís profesionais.

O centro, para os efectos de garantir a calidade da atención residencial e a intervención educativa integral, contará cos seguintes perfís profesionais:

a) Persoal educador social.

É o encargado directo da execución das medidas xudiciais. Realiza o seguimento da persoa menor co obxectivo de facilitarlle o seu proceso socializador e madurativo, atendendo especialmente ao seu proceso evolutivo individual, mediante o apoio necesario na superación das dificultades que deron lugar ao comportamento problemático que supuxo a infracción penal e na mellora das súas condicións persoais, familiares e sociais.

Todo o persoal educador social adscrito á execución destas medidas deberá estar en posesión dunha diplomatura ou titulación universitaria de grao en Educación Social ou contar coa acreditación correspondente para o desempeño desta función.

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

1º. Coñecer as características da persoa menor, da súa familia e da súa contorna social.

2º. Informar de xeito comprensivo a persoa menor e a súa familia sobre a súa situación xudicial e os dereitos e obrigas que marca a lei.

3º. Valorar as necesidades educativas de cada persoa menor de acordo cos seus factores de risco e protección.

4º. Analizar a situación da persoa menor na súa totalidade e adaptar a ela a intervención educativa.

5º. Participar na elaboración, así como na execución e seguimento dos programas individualizados de execución (PIEMs) e dos modelos individualizados de intervención (MII).

6º. Participar na elaboración dos informes pertinentes sobre a evolución dos/das menores ou mozos/as ao seu cargo.

7º. Explicar á persoa menor e, se procede, á súa familia o PIEM na súa vertente educativa e xudicial.

8º. Acompañar, orientar e educar as persoas menores no seu proceso de maduración e de desenvolvemento de hábitos e habilidades persoais e sociais: hábitos de hixiene, orde das dependencias, hábitos de alimentación e habilidades de diálogo, discusión e comportamento social.

9º. Proporcionar mediación e axuda para resolver as situacións conflitivas que teñan as persoas menores a nivel persoal, familiar e social.

10º. Reforzar o proceso de formación regulada cando así se precise.

11º. Apoiar o proceso de orientación e formación laboral das persoas menores fomentando as súas capacidades para inserirse na sociedade.

12º. Asegurar o cumprimento da normativa do centro por parte das persoas menores.

13º. Programar e desenvolver actividades de ocio dentro do centro e proporcionar alternativas de ocupación do tempo libre a través da participación en actividades de lecer organizadas fóra do centro.

14º. Acompañar as persoas menores nas saídas ao exterior non só para realizar actividades de lecer senón tamén educativas, formativas, laborais, sanitarias, así como para a realización de trámites administrativos ou xudiciais.

15º. Exercer a titoría das persoas menores que lle sexan encomendadas.

16º. Formar parte dos órganos colexiados que lle corresponda.

b) Persoal psicólogo.

Encárgase do diagnóstico e tratamento de problemas psicolóxicos e da maduración persoal das persoas menores en canto ao autocoñecemento e á análise persoal.

Este persoal deberá estar en posesión dunha licenciatura ou titulación universitaria de grao en Psicoloxía.

1º. Estudar a información psicolóxica que figure no expediente remitido polo xulgado e completala se fose preciso.

2º. Detectar posibles patoloxías clínicas ou o consumo de substancias tóxicas e derivar, se é o caso, ao recurso especializado que corresponda, complementando desde o centro os tratamentos levados a cabo neses recursos.

3º. Colaborar co resto do persoal na elaboración do PIEM e dos informes, tanto os estipulados na lexislación aplicable coma os que lle fosen requiridos expresamente.

4º. Asesorar e dar apoio técnico ao persoal educador social durante todo o proceso de intervención educativa.

5º. Colaborar no traballo de avaliación e seguimento da persoa menor.

6º. Elaborar e desenvolver programas de intervención psicolóxica tanto a nivel individual como familiar e de grupo.

7º. Realizar, nos casos en que sexa necesario, tratamentos psicolóxicos e terapias de apoio, tanto a nivel individual como familiar e de grupo.

8º. Formar parte dos órganos colexiados que lle corresponda.

c) Persoal traballador social.

Este persoal deberá estar en posesión dunha diplomatura ou titulación universitaria de grao en Traballo Social.

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

1º. Avaliar as relacións da persoa menor co seu medio social e familiar e orientar o traballo do persoal educador social nesta área, para o cal deberá coñecer en profundidade o mapa de recursos e a súa dimensión comunitaria, en especial, aqueles que fixan a súa atención nas persoas menores e as súas familias como os servizos sociais, oficinas de emprego, asociacións, recursos de lecer e tempo libre, entidades deportivas e sociais, e similares.

2º. Informar a persoa menor e a súa familia dos recursos e axudas sociais existentes, nos casos en que sexa necesario.

3º. Tramitar a documentación e permisos administrativos que, se é o caso, poida precisar a persoa menor.

4º. Deseñar e desenvolver en colaboración co resto dos profesionais de orientación e inserción laboral que interveñan no centro programas para a mellora da capacidade de emprego das persoas menores.

5º. Colaborar co resto dos profesionais da intervención educativa e de orientación e inserción laboral, no deseño do itinerario personalizado de formación e /ou de inserción sociolaboral e, de ser o caso, asumir a súa elaboración.

6º. Colaborar co resto do persoal de intervención educativa na elaboración do PIEM e dos informes estipulados na lexislación aplicable.

7º. Dar apoio técnico ao persoal educador social durante todo o proceso de intervención educativa.

8º. Colaborar co resto do persoal de intervención educativa no traballo de avaliación e seguimento da persoa menor achegando a información oportuna para a elaboración dos informes estipulados na lexislación aplicable.

9º. Coordinarse coas entidades públicas ou servizos sociais durante o desenvolvemento da intervención.

10º. Formar parte dos órganos colexiados que lle corresponda.

d) Persoal médico.

Correspóndelle velar pola saúde das persoas menores internas.

Entre as súas funcións estarán a de colaborar no traballo de avaliación e seguimento do/da menor achegando a información oportuna para a elaboración dos informes estipulados.

Este persoal deberá estar en posesión da licenciatura ou titulación universitaria de grao en medicina.

Q.3.2. Órganos de goberno, xestión e representación.

Co fin de garantir o correcto funcionamento e a calidade na actividade desenvolvida, o centro no que se levará a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral obxecto deste concerto contarán, cando menos, cos seguintes órganos de goberno, xestión e representación:

a) A dirección do centro.

A dirección será exercida en cada centro por un/unha profesional licenciado/a, diplomado/a ou con titulación universitaria de grao, preferentemente da rama das ciencias xurídicas e sociais como a Psicoloxía, a Pedagoxía, a Socioloxía, a Educación Social ou o Traballo Social.

A dirección terá, entre outras, as seguintes funcións:

1º. Exercer a garda dos e das menores durante o cumprimento da medida de internamento que lles for imposta.

2º. Cumprir e facer que o persoal de intervención educativa adscrito á execución das medidas cumpra os mandatos xudiciais que proveñan do xulgado de menores correspondente.

3º. Asegurar o cumprimento da normativa vixente, das directrices e instrucións da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Igualdade e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e das normas de funcionamento interno do centro.

4º. Planificar e organizar os recursos necesarios para o correcto funcionamento do centro.

5º. Planificar, de acordo co proxecto educativo do centro, a intervención socio-educativa.

6º. Dirixir e coordinar o desenvolvemento dos programas, así como as actuacións do persoal de intervención educativa de xeito que se garanta a interdisciplinariedade e a calidade da intervención.

7º. Velar polo cumprimento dos dereitos das persoas usuarias do centro e dos seus programas individualizados de execución das medidas.

8º. Establecer canles de colaboración con outras entidades e organismos, perseguindo a optimización dos recursos da contorna e a calidade da atención.

9º. Establecer a necesaria coordinación co equipo de medio aberto da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Igualdade correspondente, de cara á preparación dos períodos de liberdade vixiada correspondentes ao segundo período das medidas de internamento.

10º. Garantir a elaboración de toda a documentación que a normativa exixe para a execución das medidas e a súa remisión en prazo aos distintos órganos competentes na área de menores.

11º. Elaborar avaliacións periódicas da actividade e intervencións efectuadas e sobre as actuacións levadas a cabo coas persoas menores.

12º. Dirixir e moderar os actos colectivos.

13º. Convocar e presidir as reunións dos órganos colexiados, así como cumprir e facer cumprir os acordos adoptados por estes.

b) A subdirección do centro.

Ao igual que a dirección, a subdirección será exercida en cada centro por unha persoa licenciada, diplomada ou con titulación universitaria de grao, preferentemente da rama das ciencias xurídicas e sociais como a Psicoloxía, a Pedagoxía, a Socioloxía, a Educación Social ou o Traballo Social. O persoal de subdirección terá, entre outras, as seguintes funcións:

1º. Colaborar coa dirección no exercicio das súas funcións.

2º. Asumir as funcións que a dirección lle delegue.

3º. Substituír o/a director/a nos casos de ausencia, asumindo nestes casos todas as súas funcións.

c) Persoal coordinador.

É o persoal responsable en cada quenda da coordinación socioeducativa e pedagóxica do centro e do correcto funcionamento deste en todas as súas vertentes, constituíndose, por tanto, en persoa de referencia para calquera problema que se presente nas instalacións, no grupo de menores, no equipo educativo ou no resto do persoal. Este persoal deberá contar cunha licenciatura, diplomatura ou titulación universitaria de grao, preferentemente da rama das ciencias xurídicas e sociais como a Psicoloxía, a Pedagoxía, a Socioloxía, a Educación Social ou o Traballo Social. Este persoal terá, polo menos, as seguintes funcións:

1º. Asumir a responsabilidade do centro en ausencia dos titulares da dirección e subdirección.

2º. Coordinar e dirixir as entradas e saídas de quenda xestionando a información que se xere durante a actividade dos menores no centro, asegurando a súa transmisión aos diferentes profesionais.

3º. Coordinar e realizar o seguimento das actividades programadas e da vida diaria do centro.

4º. Adoptar as medidas necesarias para manter a boa orde do centro, informando inmediatamente a dirección nos supostos de incidentes que revistan gravidade.

5º. Organizar, impulsar e supervisar a actuación do persoal de atención educativa directa, de acordo cos criterios do proxecto educativo de centro.

6º. Controlar que as instalacións e materiais precisos para o desenvolvemento da actividade estean en bo estado.

7º. Garantir que os libros de rexistro e demais partes que deban ser cubertos polo persoal do centro estean permanentemente actualizados.

8º. Atender, en primeira instancia, as incidencias que se produzan coas persoas menores.

9º. Asistir aos rexistros das persoas menores e das súas pertenzas ou das instalacións, velando por que se fagan nas condicións previstas na normativa aplicable.

10º. Dirixir e moderar os actos colectivos cando non estea presente o persoal directivo.

11º. Informar diariamente a dirección do funcionamento do centro e recibir as oportunas instrucións.

12º. Formar parte dos órganos colexiados que lle correspondan.

Este persoal deberá contar cunha licenciatura, diplomatura ou titulación universitaria de grao, preferentemente da rama das ciencias xurídicas e sociais como a Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, Educación Social ou Traballo Social.

d) O Consello de Centro.

É o órgano colexiado que asumirá a coordinación xeral do centro, marcando as directrices e adoptando os acordos procedentes. O consello reunirase en sesión ordinaria dúas veces ao ano. Reunirase en sesión extraordinaria cando as circunstancias o aconsellen, incluíndo na orde do día só o tema ou temas que determine a convocatoria.

Estará composto polos seguintes membros:

1º. O/a director/a.

2º. O/a subdirector/a.

3º. Un representante do persoal coordinador.

4º. Dous representantes do persoal educador social.

5º. Un/unha representante do restante persoal técnico de intervención.

6º. Un/unha representante dos/das menores.

7º. Un/unha representante do persoal de servizos.

8º. Un/unha representante da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

Entre as súas funcións estarán:

1º. Aprobar as modificacións do proxecto educativo e elevar a dita modificación á consellería para a súa aprobación.

2º. Elaborar os proxectos de regulamento de réxime interno e as súas modificacións e elevalos á consellería para a súa aprobación.

3º. Aprobar a programación anual de actividades.

4º. Elaborar e avaliar a memoria anual de actividades.

5º. Supervisar que as directrices e programacións se axusten aos principios, criterios e obxectivos establecidos pola Consellería de Política Social e Igualdade.

6º. Propoñer á Consellería de Política Social e Igualdade as medidas que consideren convenientes para mellorar o funcionamento do centro.

e) A Comisión Educativa.

É o órgano colexiado de carácter técnico e multiprofesional, que, con independencia das funcións que de acordo co seu perfil profesional correspondan a cada membro, realizará funcións de estudo, asesoramento, proposta, seguimento, valoración e intervención especializada. A Comisión Educativa reunirase as veces necesarias para o cumprimento das súas funcións e, para non alterar o correcto funcionamento do centro, poderá organizarse en subcomisións. A/o médica/o do centro deberá acudir ás reunións desta comisión cando sexa expresamente convocada/o por figurar na orde do día o tratamento de asuntos relacionados coas súas funcións.

A Comisión Educativa estará composta polos seguintes membros:

1º. O/a director/a.

2º. O/a subdirector/a.

3º. Persoal coordinador.

4º. Persoal educador social.

5º. Persoal psicólogo

6º. Persoal de traballo social

Entre as súas funcións estarán:

1º. Presentar ao Consello de Centro propostas de regulamento de réxime interno e as súas modificacións.

2º. Elaborar a programación anual de actividades.

3º. Facer o seguimento da programación do centro e da intervención educativa, tanto a nivel individual como de grupo.

4º. Achegar os datos necesarios para a elaboración da memoria anual de actividades.

5º. Elevar á dirección, para a súa tramitación, propostas sobre modificacións de medidas.

Q.3.3. Persoal mínimo para a execución do servizo.

Co fin de garantir a atención residencial e a intervención educativa das persoas menores que deben cumprir medidas privativas de liberdade de acordo co Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, as entidades concorrentes deberán achegar, como mínimo, os recursos humanos que se relacionan:

– 1 director/a.

– 1 subdirector/a.

– 3,5 coordinadores.

– O número de educadores/as suficiente para desenvolver en cómputo anual un mínimo de 55.861,25 horas, con independencia das substitucións que, en cumprimento do parágrafo seguinte, teñan que levarse a cabo.

En todo caso, a entidade seleccionada debe garantir en todo momento o cumprimento da ratio establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo. Así mesmo, deberá garantirse tamén a presenza de 2 educadores nas quendas de noite.

Para o cómputo da ratio de educadores non se terá en conta o persoal coordinador.

– 1,5 psicólogos/as.

– 1,5 traballadores/as sociais.

– 1 médico (con permanencia no centro o tempo necesario para dar cumprimento aos requirimentos de atención previstos no regulamento da Lei orgánica 5/2000, aprobado polo Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo).

– Persoal de vixilancia do centro. Deberá garantirse unha cobertura mínima de 64 horas diarias de vixilancia.

– 3 traballadores para o servizo de cociña.

– 1,5 traballador/a do servizo de limpeza e lavandaría.

– 0,5 traballador/a de mantemento das instalacións.

– 0,66 traballador/a para a xestión administrativa vinculada ao funcionamento do centro.

Naqueles casos nos que non se fagan especificacións ao respecto da xornada, enténdense referidos á xornada completa.

Na memoria é necesario indicar, en relación con este persoal, a modalidade de contratación, titulación, convenio laboral polo que se rexe, xornada, horarios e número de horas anuais de dedicación.

Q.4. Plan de formación continua do persoal.

O plan de formación, para cada actividade formativa, deberá indicar:

a) Carácter obrigatorio ou voluntaria.

b) Obxectivos e contidos.

c) Nº de profesionais e categoría a que pertencen que vai participar en cada actividade formativa.

d) A duración en horas.

e) O perfil profesional ou formativo das persoas encargadas da docencia. Deberase indicar a titulación, a experiencia profesional e como docente, así como a entidade a que pertence.

f) Calendarización das actividades formativas que se van levar a cabo no período de vixencia do contrato correspondente aos anos 2024-2028.

Será obrigatoria a formación do equipo educativo e técnico en materia de xénero, transexualidade e diversidade sexual.

R) Obrigas en relación coa prestación do servizo.

R.1. Obrigas da Consellería de Política Social e Igualdade.

En relación coa prestación do servizo a Consellería de Política Social e Igualdade asumirá as seguintes obrigas:

a) Remitir á entidade concertante toda a información relativa ás medidas para a súa execución.

b) Realizar todas as actuacións administrativas que, de acordo coa súa competencia, lle correspondan na execución das medidas.

c) Elaborar circulares e instrucións que establezan un protocolo para a execución e seguimento das medidas privativas de liberdade, así como os soportes documentais que permitan un tratamento informático da información que garanta a unidade de expediente e a súa reserva.

d) Levar a cabo o seguimento e supervisión do centro, así como das actividades levadas a cabo pola entidade na execución das medidas.

e) Asumir no caso de que sexan necesarias, a realización de obras que afecten a estrutura resistente dos edificios e do resto das instalacións.

f) Informar a entidade concertada de calquera circunstancia da que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

g) Financiar as actividades obxecto deste concerto nos termos sinalados na cláusula D. Aboará á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida na convocatoria do concerto.

Se a Consellería de Política Social e Igualdade se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboar á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

h) Ante o incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada, aplicar o disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

R.2. Obrigas da entidade concertada.

a) En relación coa persoa menor ou mozo/a suxeita ao cumprimento das medidas xudiciais, deberá:

1º. Exercer a súa garda e custodia.

2º. Proporcionarlle, no momento do seu ingreso, información sobre os dereitos e deberes, de acordo co establecido na normativa vixente.

3º. Respectar os seus dereitos, tanto os que lle recoñecen as leis nacionais como as internacionais, así como os dereitos que se deriven da execución da medida xudicial.

4º. Prover a persoa menor dun ambiente coas condicións socioeducativas axeitadas, para abordar as dificultades que deron lugar ao comportamento conflitivo e que supuxeron a infracción penal, e para facilitar o seu normal desenvolvemento evolutivo.

5º. Xestionar con axilidade a documentación administrativa que as persoas menores precisen.

6º. Realizar o acompañamento e asesoramento, garantindo que a intervención educativa que se realice responde a parámetros de calidade.

b) En relación coa execución das medidas e a intervención educativa a entidade, deberá:

1º. Cumprir a normativa vixente e cantas disposicións sobre protección e reeducación de menores dite a Xunta de Galicia e os seus órganos competentes no exercicio das súas atribucións.

2º. Executar todas aquelas instrucións, circulares, protocolos, etc, emitidas, en relación coa actividade obxecto de concerto, pola dirección xeral con competencias na materia de Familia. Infancia e Dinamización Demográfica, para unha mellor organización e seguimento desta.

3º. Admitir todos os ingresos que, contando co correspondente mandato xudicial, sexan ordenados pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, logo de confirmar a existencia de praza.

4º. Prestar ás persoas menores internas a atención médica prevista na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, e no seu regulamento, sen prexuízo da asistencia sanitaria universal que ofrece a sanidade pública.

5º. Poñer á disposición da persoa menor os recursos precisos para cubrir as necesidades derivadas da súa formación escolar e ocupacional.

6º. Proporcionar e xestionar os medios e recursos necesarios para o óptimo desenvolvemento das actividades e programas.

7º. Realizar, no caso das medidas de permanencia de fin de semana, a correspondente entrevista coa persoa menor con carácter previo á elaboración do programa individualizado de execución de medida.

8º. Elaborar e presentar nos prazos recollidos legalmente, o programa individualizado de execución de medida ou, nos supostos de medidas de carácter preventivo, un modelo individualizado de intervención segundo o establecido na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no regulamento da dita lei orgánica, aprobado polo Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, e nas circulares e instrucións que ao respecto elabore a dirección xeral con competencias na execución das medidas xudiciais impostas aos menores infractores. O dito programa ou modelo deberá incluír tamén as actuacións necesarias para o cumprimento das obrigas que, de forma accesoria, a/o xuíza/xuíz impoña ao menor asociadas ao período de efectivo internamento.

9º. Realizar as actuacións que correspondan de acordo co programa de execución aprobado polo xulgado competente, para o seguimento e a execución definitiva da medida.

10º. Elaborar e remitir os correspondentes informes de seguimento, así como de incidencias, se as houbese, segundo o establecido na do 12 de xaneiro, na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no regulamento da dita lei orgánica, aprobado polo Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, e nas circulares e instrucións que ao respecto elabore a dirección xeral con competencias na execución das medidas xudiciais impostas aos menores infractores.

11º. Elaborar e remitir calquera outro informe que lle sexa solicitado polo xulgado ou fiscalía competente ou pola entidade pública responsable da execución.

12º. Propoñer o internamento da persoa menor nun centro socio-sanitario se, en atención ao diagnóstico realizado ou á evolución na medida, se considera o máis axeitado.

13º. Presentar ao xulgado e fiscalía dos que depende a execución da medida ou medidas a proposta de revisión xudicial destas, logo de autorización da dirección xeral con competencias na execución das medidas derivadas da aplicación da, Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, cando se considere procedente.

14º. Asistir ás entrevistas, reunións e actos e dilixencias procesuais aos cales sexa convocada por xulgados, fiscalías ou a dirección xeral con competencias na execución das medidas derivadas da aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro.

15º. Actuar de xeito coordinado co persoal técnico, entidades ou servizos que participen na execución da medida.

16º. Preparar a liberdade vixiada correspondente ao segundo período de internamento, en colaboración co persoal do equipo de medio aberto das xefaturas territorias, da Consellería de Política Social e Igualdade, ao que lle vai corresponder esa execución.

17º. Elaborar e remitir os informes finais de execución de medidas aos xulgados de menores e fiscalías que teñan a competencia da execución da correspondente medida.

18º. Informar, en calquera momento e por petición do departamento da Consellería de Política Social e Igualdade competente na área de menores, sobre a evolución da situación das persoas menores ao seu cargo.

19º. Presentar á dirección xeral con competencias en materia de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade, unha programación anual que recolla as previsións de actuación ao longo do ano, co fin de ter sistematizado o traballo do centro e poder avalialo ao finalizar cada período. Deberá ser presentada no mes de decembro do ano anterior o que fai referencia e conter, cando menos, a descrición das actividades que se van desenvolver en cada unha das áreas de intervención, a programación das reunións educativas, o sistema de avaliación periódica da execución da programación anual e o modo de actualización ou corrección da programación en función das avaliacións periódicas.

20º. Elaborar a memoria anual de acordo coas instrucións establecidas na circular vixente en materia de internamento.

21º. Contar cos libros de rexistro e demais libros establecidos nas disposicións legais vixentes, así como os que figuren na circular que sexa de aplicación aos centros de execución de medidas privativas de liberdade impostas a menores.

22º. Contar cun expediente individual e único para cada persoa menor onde conste toda a información prevista na normativa aplicable. O dito expediente conformarase na aplicación informática «Menor» a través da incorporación dos distintos documentos referentes ás persoas menores que cumpren medidas xudiciais.

23º. Asumir os gastos xerados polos desprazamentos das persoas menores e do persoal educador social acompañante, así como os derivados das pagas de cartos de peto, as cales terán carácter educativo e estarán orientadas ao mellor cumprimento das medidas que se establezan, dentro dos requisitos que se definan no regulamento de réxime interno do centro.

24º. Incorporar na súa metodoloxía de traballo a perspectiva de xénero.

c) En relación co persoal adscrito á execución da actividade obxecto de concerto.

1º. Contar cun cadro de profesionais con alta cualificación técnica e humana, coa composición e número determinados neste anexo.

En relación co persoal educador social a entidade garantirá en todo momento o cumprimento da ratio establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

En relación co resto do persoal para o que non exista ratio establecida en virtude de disposición legal, a entidade debe efectuar ao seu cargo no prazo máis breve posible as substitucións necesarias de forma que a atención residencial e a intervención educativa integral quede sempre asegurada.

Enviarase á dirección xeral con competencias en materia de familia, infancia e dinamización demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade nos cinco primeiros días de cada mes, por un lado, cuadrante mensual previsto das quendas de mañá, tarde e noite do persoal educador social, indicando o nº de horas de servizo efectivas por cada educador/a e o convenio laboral polo que se rexe e, por outro, un cuadrante mensual do servizo que realmente foi efectivo do mes anterior, das quendas de mañá, tarde e noite do persoal educador social, indicando o nº de horas de servizo efectivas por cada educador/a e o convenio laboral polo que se rexe.

As variacións que se produzan no cadro de persoal serán inmediatamente comunicadas á dirección xeral con competencias en materia de familia, infancia e dinamización demográfica acompañando a documentación acreditativa da titulación e currículum profesional máis certificacións de inexistencia de antecedentes penais e por delictos de natureza sexual.

Deberán tamén comunicarse á dirección xeral con competencias en materia de familia, infancia e dinamización demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade, de xeito inmediato, todas as situacións de incapacidade laboral de calquera tipo, que se produzan e a data destas. Igualmente, en cada un dos casos, indicarase se é substituído/a ou non o traballador/a, por quen, e en que data.

As características do persoal, modalidades de contratación, titulacións, experiencia laboral, horario, etc, deben adaptarse ao establecido na memoria presentada.

Este persoal dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa condición de empregadora respecto daquel, correspondéndolle á entidade a súa dirección técnico-educativa e organización. A consellería será de todo allea ás relacións entre o persoal e a entidade colaboradora. Por conseguinte, en ningún caso o referido persoal poderá alegar dereito ningún en relación coa Administración, nin exixirlle a esta responsabilidade de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e o seu persoal.

En ningún caso a sinatura do concerto suporá a existencia dunha relación funcionarial ou laboral entre a Administración e o persoal que a entidade achegue para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral, coas persoas menores.

A extinción do concerto non poderá producir en ningún caso a consolidación das persoas que realizasen os traballos obxecto do concerto como persoal da Xunta de Galicia.

2º. Expor, nun lugar visible ao público, o organigrama do persoal adscrito á execución das medidas.

3º. Garantir a retribución axeitada do seu persoal, asumindo de forma directa e non trasladable á Administración o custo de calquera mellora nas condicións de traballo e /ou nas súas retribucións, xa sexa como consecuencia de convenios colectivos, pactos ou acordos de calquera índole, de xeito que, en ningún caso, poderá repercutir as referidas modificacións sobre o importe que se facturará.

4º. Garantir a calidade técnica en relación á titulación, formación e aptitude profesional, do persoal que leva a cabo a intervención, sendo pola súa conta a formación e a promoción precisa para asegurar a calidade desta.

5º. O cumprimento respecto do persoal da entidade da normativa laboral, de Seguridade Social e de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo que se encontre vixente en cada momento.

6º. No suposto de que sexa obrigatoria a subrogación do persoal por estar así establecido nos convenios colectivos vixentes, haberá que aterse ao disposto nestes.

7º. O cumprimento do disposto nas normas vixentes en caso de accidente ou prexuízo de calquera índole ocorrido ao persoal con ocasión do exercicio do seu cometido, baixo a súa responsabilidade, sen que esta alcance de modo ningún a Administración concertante.

8º. Informar e formar o seu persoal nas obrigas que dimanan da lexislación aplicable e materia de protección de datos de carácter persoal.

9º. Manter a porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade e os parámetros de igualdade durante o período de duración do concerto, no caso de que resultase seleccionada para concertar pola aplicación destes criterios, de acordo co establecido no punto O.2.

10º. Desenvolver, con carácter anual, un plan de formación permanente do persoal do centro. Este plan enviarase á consellería con tres meses de antelación á súa posta en marcha, para os efectos do seu visto e prace e, para cada actividade formativa, deberá indicar: carácter obrigatorio ou voluntaria, obxectivos e contidos, número de profesionais e categoría a que pertencen que vai participar, duración en horas, perfil profesional ou formativo das persoas encargadas da docencia coa titulación, experiencia profesional e como docente, así como a entidade a que pertence, calendarización das actividades formativas.

Será obrigatoria a formación do equipo educativo e técnico en materia de xénero, transexualidade e diversidade sexual.

d) En relación coa atención residencial.

1º. Garantir que os cuartos, zonas de convivencia e as zonas dedicadas a realización de actividades formativas, deportivas ou de ocio sexan acolledores e confortables e estean adecuadamente equipados.

2º. Subministrar o vestiario necesario ás e aos menores se non optan por utilizar a súa propia vestimenta. As pezas de roupa deben ser correctas, adaptadas ás condicións climatolóxicas e desprovistas de calquera elemento que poida afectar a súa integridade, seguridade ou saúde, ou que as identifique como persoas internas.

3º. Manter en condicións de uso axeitadas a roupa de cama, mesa e aseo como sabas, mantas, colchas, edredóns, albornoces, manteis e toallas e repoñela nos supostos de perda ou deterioración.

4º. Cambiar e lavar a roupa interior das/os menores con carácter diario ou, se for preciso, con maior frecuencia. Respecto das restantes roupas de uso persoal observarase unha periodicidade mínima de dúas veces por semana.

5º. Cambiar a roupa da cama sempre que o requiran as circunstancias e, en todo caso, semanalmente, así como cando se produza un novo ingreso.

6º. Dotar as e os menores dos servizos de perrucaría e do material de limpeza e aseo persoal que precisen.

7º. Dispoñer dun réxime dietético de alimentación equilibrado e variado, acorde coas necesidades enerxéticas que as idades das persoas menores precisan, o cal deberá contar cando menos con catro inxestas co almorzo, o xantar, a merenda e a cea, e estar visado polo/a profesional correspondente.

8º. Dispoñer de dietas especiais para os/as menores que o requiran, tanto por prescrición facultativa como por motivos relixiosos.

9º Gardar mostras testemuño das comidas servidas diariamente durante o tempo marcado pola normativa sanitaria, de cara a posibilitar o seu estudo epidemiolóxico no suposto de producírense brotes de toxiinfección alimentaria.

e) En relación cos inmobles.

1º. Utilizar o inmoble titularidade da consellería. Este uso circunscríbese á vixencia do concerto, sen que poida alegar dereito ningún, nin usalo para outro fin distinto do aquí previsto.

2º. Achegar os recursos materiais necesarios para levar a cabo a actividade que se detallan na memoria presentada que figura como anexo ao presente concerto.

3º. Manter en bo estado o inmoble, os bens mobles e a totalidade do equipamento achegados pola Administración, os cales deben ser devoltos á finalización do concerto nas mesmas condicións en que foron entregados, asumindo a dita entidade todos os gastos derivados do seu funcionamento, reposición e mantemento. No momento de formalizar o concerto describiranse claramente tanto o inmoble como a súa dotación, para determinar, unha vez rematada a vixencia do concerto, os gastos que procedan.

4º. Levar a cabo o mantemento das zonas comprendidas dentro do perímetro valado do centro, estean axardinadas ou non.

5º. Manter o centro en todo momento en perfecto estado de hixiene e limpeza.

f) Outras obrigas.

1º. Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convida.

2º. Cumprir coas obrigas de subministración da información, nos termos establecidos no artigo 4 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

3º. Facilitar o exercicio das facultades de comprobación, dirección e inspección da Administración acerca da actividade concertada. En consecuencia, en canto teña relación co obxecto do concerto, a Administración poderá obter da entidade concertada a documentación e información que estime oportuna, establecer os sistemas de control de calidade que se deberán empregar e levar a cabo as inspeccións que estime pertinentes, reservándose para estes efectos, a facultade de realizar as visitas que considere necesarias para comprobar as condicións técnicas de execución da intervención, o cumprimento dos requisitos para desenvolver a actividade, o trato e asistencia que reciben as persoas beneficiarias, así como o bo funcionamento e cumprimento das obrigas contraídas. Poderá solicitar a comparecencia de persoal directivo da entidade e/ou das persoas menores usuarias do centro. Así mesmo, a Administración está facultada para ditar as instrucións oportunas para o estrito cumprimento do concerto.

A entidade acatará exacta e inmediatamente as ordes e instrucións que lle dite a Administración para a execución da actividade.

A entidade concertada poderá requirir a identificación documental de quen deba exercer esta facultade de inspección e a entrega das instrucións por escrito por parte da dirección xeral con competencias en familia, infancia e dinamización demográfica, de conformidade co establecido na Orde do 18 de xuño de 2021, pola que se habilitan determinados colectivos de persoal empregado público da Consellería de Política Social e Igualdade para o uso do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega.

4º. Facilitar toda a información requirida pola Administración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

5º. Presentar no prazo de dous meses desde a formalización do concerto un regulamento de réxime interno, o cal estará exposto no centro nun lugar visible ao público, e contará como mínimo coas normas de funcionamento, dereitos e deberes das persoas usuarias e órganos de representación e participación.

6º. Presentar no prazo de dous meses desde a formalización do concerto o Plan de autoprotección do centro.

A entidade comprométese a actualizar e/ou elaborar aqueles plans necesarios, así como aquelas xestións para a súa implantación e cumprimento. Para evaluar os plans de autoprotección e asegurar a eficacia dos plans de actuacións en emerxencias realizará simulacros de emerxencia coa periodicidade mínima que fixe o plan, e en todo caso, unha vez ao ano, avaliando os seus resultados.

A entidade debe implantar o Plan de emerxencia e evacuación do centro, conforme o disposto no Real decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados ás actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.

7º. Cumprir a normativa vixente en materia hixiénico-sanitaria.

8º. Xustificar as pólizas de seguros e o pagamento da prima con ocasión da formalización do concerto e cada vez que corresponda renovar a dita póliza.

9º. Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F e K.3.

10º. Contar coa autorización da consellería para dar publicidade en calquera soporte das intervencións realizadas ao abeiro do concerto como nas publicacións, estatísticas, memorias, ou similar.

11º. Contar coa autorización da consellería para a organización de eventos como os seminarios, congresos, xornadas ou similar, así como para a presentación de relatorios, comunicacións e outros nos que se traten temas directamente relacionados coa actividade concertada.

12º. Colaborar coa Administración na investigación, estudo e desenvolvemento de programas relacionados coa delincuencia xuvenil en Galicia.

13º. Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Igualdade. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

14º. Colaborar na realización de practicums coas universidades que teñan concerto coa Xunta de Galicia.

15º. Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

16º. Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

17º. Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que estableza a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

18º. Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delictos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

19º. A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións no que as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

20º. Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación, no réxime xurídico do servizo.

R.3. Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais, que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo V.

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S) Outros aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria deberá de constituír unha garantía por importe de 571.550,90 €.

A dita garantía debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia tributaria de Galicia-Atriga).

A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as que deban fornecer efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se celebren no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

Cumpridas polo concertante as obrigacións derivadas do concerto, se non resultasen responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se fose o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.2. Réxime de pagamentos.

S.2.1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes, logo de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria, realizarase logo da conformidade do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil.

S.2.2. Para o aboamento do servizo a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes no que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no rexistro contable de facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Certificado da entidade onde conste o persoal que leva a cabo a actividade ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. Na dita relación deben constar as datas de alta e baixa do persoal producidas no dito mes. No caso do persoal que cause baixa, deberá indicarse a persoa que o sustitúe e a data na que inicia a súa actividade, achegando a documentación acreditativa da titulación, así como o currículo persoal.

– Copias dos recibos de liquidacións de cotizacións e recibos nominais de traballadores da Seguridade Social do dito persoal.

– Folla de atención mensual, asinada pola persoa responsable do centro, onde constarán todas as persoas menores que estiveron executando unha medida no período facturado, especificando: nome e apelidos, data de nacemento, expediente xudicial, data de ingreso, data de fin de medida e movemento (permanencia, alta ou baixa).

S.2.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa do presente concerto, así como as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.2.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro sexa efectuado por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

S.2.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.3. Limitación á subcontratación e cesión de servizos concertados.

S.3.1. Só se poderán subcontratar aquelas prestacións accesorias ou complementarias do obxecto principal do concerto social.

S.3.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Igualdade, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.

S.4. Sucesión da entidade concertada.

S.4.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.4.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.

S.4.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicar á Consellería de Política Social e Igualdade a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte, mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que proceda,n en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. O órgano competente para autorizar a modificación será a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

T.2. Modificación no número de prazas ou de servizos concertados.

A Administración concertante, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, poderá modificar o número de prazas ou unidades ou servizos de cada un dos centros obxecto dos concertos sociais durante a súa vixencia.

De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, poderase variar o número de prazas ou servizos concertados, sen que o incremento poida superar o 50 % polo que se establece un incremento máximo do 20 %.

T.3. Modificación das condicións técnicas.

T.3.1. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

T.3.2. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxustamento.

T.3.3. Se é a Consellería de Política Social e Igualdade a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.4. Revisión dos prezos.

T.4.1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados:

a) Cando se realice unha modificación do concerto social, segundo o establecido no artigo 27 do Decreto 209/2020, que teña incidencia nos custos do servizo.

b) Cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

T.4.2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización desta compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

T.4.3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase, segundo proceda, no acordo de modificación ou mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Igualdade, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando leven aparellada unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender ás persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Igualdade por prazo superior a catro meses.

p) A suspensión por causa imputable a Consellería de Política Social e Igualdade da iniciación do concerto social por prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social, e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Igualdade incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Igualdade se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Igualdade considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Igualdade deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes acomodaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Igualdade determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Igualdade polos danos e perdas causados.

V) Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000 do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto, son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obrigación legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar pola súa vez o persoal ao seu servizo e ás persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Igualdade, dos puntos establecidos nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Igualdade. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable fundamentada á súa vez na na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000 do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e na Lei orgánica 8/2021 do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e outros órganos encargados da xestión e control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lle sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións recollidas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela;

– a non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución;

– a facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obrigación de tratar a información á que se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial;

– a aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a forneceu.

Considerarase información confidencial aquela a que as entidades beneficiarias accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa, ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

V.5. Encarga do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais as entidades concertadas terán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución, que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación, exixindo o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

V.5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo a adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento, só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins, e serán considerado neste caso como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considerase que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso, segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluíndo o contido previsto no dito artigo.

V.5.2.e) Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento, ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos nos que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicalo previamente por escrito ao responsable do tratamento, indicando os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, dándolle así á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos ditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais aos que teña acceso en virtude deste concerto social, aínda que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresa e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das que serán informados oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable da documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir ao responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste, e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, esta informaraos, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

V.5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existir, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto do presente concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres se poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da web de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

• https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

• https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y) Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade poñendo os seus acordos fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución fose expresa. Se o acto non fose expreso, poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este fose expreso. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outras posibles persoas interesadas, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Datos sobre o persoal que se vai subrogar no centro Concepción Arenal

B213R-Asignación de concerto social para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de Concepción Arenal da Coruña.

Nº orde

Grupo

profesional

Posto de traballo

Contrato

% xornada

Trienios

Coste bruto anual 2024 (salario + Seg. Social empresa)

1

OB

Director

Indefinido

100

6

57.433,97 €

2

OB

Subdirector

Indefinido

100

6

51.764,81 €

3

OB

Coordinador

Indefinido

100

6

45.611,37 €

4

OB

Coordinador

Indefinido

100

6

45.611,37 €

5

OB

Coordinador

Indefinido

100

4

45.611,37 €

6

1

Psicóloga

Indefinido

100

6

40.190,82 €

7

1

Psicóloga

Indefinido

50

6

20.095,41 €

8

2

Traballador/a social

Indefinido

100

6

37.491,63 €

9

2

Psicóloga

Indefinido

50

4

18.745,82 €

10

2

Educador/a

Indefinido

50

6

18.745,82 €

11

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

12

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

13

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

14

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

15

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

16

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

17

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

18

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

19

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

20

2

Educador/a

Indefinido

100

6

37.491,63 €

21

2

Educador/a

Indefinido

100

5

37.491,63 €

22

2

Educador/a

Indefinido

100

5

37.491,63 €

23

2

Educador/a

Indefinido

100

5

37.491,63 €

24

2

Educador/a

Indefinido

100

5

37.491,63 €

25

2

Educador/a

Indefinido

100

5

37.491,63 €

26

2

Educador/a

Indefinido

100

5

37.491,63 €

ANEXO V

(continuación)

Nº orde

Grupo

profesional

Posto de traballo

Contrato

% xornada

Trienios

Coste bruto anual 2024 (salario + Seg. Social empresa)

27

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

28

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

29

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

30

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

31

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

32

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

33

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

34

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

35

2

Educador/a

Indefinido

50

4

18.745,82 €

36

2

Educador/a

Indefinido

100

4

37.491,63 €

37

2

Educador/a

Indefinido

100

3

37.491,63 €

38

2

Educador/a

Indefinido

100

2

37.491,63 €

39

2

Educador/a

Indefinido

100

2

37.491,63 €

40

2

Educador/a

Indefinido

100

3

37.491,63 €

41

2

Educador/a

Indefinido

100

2

37.491,63 €

42

2

Educador/a

Indefinido

50

1

18.745,82 €

43

2

Educador/a

Indefinido

88,35

1

33.123,86 €

44

2

Educador/a

Indefinido

100

3

37.491,63 €

45

2

Educador/a

Indefinido

100

1

37.491,63 €

46

2

Educador/a

Temporal

51,39

0

19.266,95 €

47

2

Educador/a

Temporal

100

0

37.491,63 €

48

3

Administrativa

Indefinido

66,57

6

20.085,81 €

49

4

Cociñeiro/a

Indefinido

100

6

30.145,90 €

50

4

Cociñeiro/a

Indefinido

100

6

30.145,90 €

51

4

Cociñeiro/a

Indefinido

100

3

30.145,90 €

52

4

Cociñeiro/a

Fixo discontinuo

100

0

30.145,90 €

53

4

Persoal de mantemento

Indefinido

53,33

6

16.870,18 €

54

4

Persoal de limpeza

Indefinido

100

6

26.863,64 €

55

4

Auxiliar de tarefas

Indefinido

56

3

13.869,76 €

56

4

Auxiliar de tarefas

Fixo discontinuo

56

1

13.869,76 €