DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica o acto administrativo relativo ao expediente BS403B 2023-00007381.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícase a través deste anuncio o requirimento de emenda e mellora da solicitude que inicia o procedemento ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados/as en situación de garda con fins adoptivos no ano 2023, e se procede é súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2023.

A través deste anuncio emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si mesma ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; ten á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora da solicitude, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que de non facer a emenda nun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, terase por desistida da solicitude, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/Pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2023-00007381

RD7163638

Requirimento de emenda de solicitude do 3.10.2023