DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello da Coruña (expediente IN407A 2023/006-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV CT01 Morás-Carral, distancias antirregulamentarias entre AP.28 e AP.32, no concello da Coruña (expediente IN407A 2023/006-1), mediante a Resolución desta dirección territorial, do 19 de marzo de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta dirección territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 8 de agosto de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello da Coruña, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 17.3.2023, no BOP do 2.3.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 20.3.2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas dependencias do Centro Cívico Mesoiro do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña