DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35102

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, de cinco postos do cadro de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos desta universidade.

Convocada mediante a Resolución do 8 de abril de 2024 (DOG do 17 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos vacantes do cadro de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos desta universidade.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos ás persoas funcionarias que se relacionan:

Denominación do posto

C.D.

Quenda

Campus

Adxudicatarias

Equipo de goberno

Secretaría

22

Mañá

Vigo

Calle Sierra, María

Secretaría

22

Mañá

Vigo

Faro Chamadoira, Yolanda

Secretaría

22

Mañá

Vigo

González Piñeiro, Patricia

Xerencia

Secretaría

22

Mañá

Vigo

De Gerónimo García, Elena

Secretaría

22

Mañá

Vigo

González Muñoz, Fátima

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As persoas funcionarias nomeadas para ocupar estes postos de libre designación poderán ser cesadas discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de xuño de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo